O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 16/11/2018

Abalar: Ciberseguridade para tod@s

Profesionais da educación, pais e nais, nenos e nenas, e cidadanía en xeral teñen unha cita coa Ciberseguridade o vindeiro mércores 21 de novembro ás 16:30h, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Nun mundo hiperconectado cómpre actuar con garantías ante as ameazas en Internet, como o sexting, a ciberviolencia de xénero, o ciberbullying ou a fraude dixital. Conscientes desta realidade, a Xunta de Galicia colabora coa Mobile Week A Coruña, organizando a actividade "Ciberseguridade na túa casa: Ciberseguridade para tod@s", onde se abordará estos riscos da man de recoñecidos especialistas en cada unha das materias.

Así, a asociación Pantallas Amigas (https://www.pantallasamigas.net/); Fernando Villar, formador da Garda Civil; ou Carlos Pérez, CISO de Abanca, compartirán con todas as persoas asistentes as medidas de protección máis apropiadas para salvagardar os nosos pequenos e pequenas e a nosa identidade dixital, ou para facer un uso responsable de internet así como evitar fraudes dixitais, como o hackeo das tarxetas de crédito ou o roubo de información sensible.

Máis información e Inscricións: https://www.mobileweekcoruna.com/es/evento/697/conferencias-y-debates-ciberseguridad-en-tu-casa-ciberseguridad-para-tods/