O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 06/07/2011

Xunta de Galicia: A cidadanía xa ten á súa disposición o novo material didáctico formativono repositorio documental FLOSS

Unha das liñas do Plan de Acción FLOSS (Free and Open Source Software), promovido pola SXMIT no ano 2011, persegue a potenciación dos mecanismos de formación e difusión do Software Libre e Aberto. Para iso, dende o mes de marzo deu comezo a realización de actividades de difusión e formación para promover o Proxecto Abalar por medio da elaboración de guías didácticas sobre ferramentas FLOSS do equipamento Abalar e a realización de xornadas de formación aos docentes Abalar.
 
Por unha banda, AGASOL (Asociación Galega de empresas de Software Libre), baixo a supervisión da Consellería de Educación e da SXMIT, está a elaborar materiais didácticos sobre diversas ferramentas libres coa finalidade de acadar que os docentes poidan mellorar no emprego práctico das tecnoloxías libres nas aulas. 
 
O material que está actualmente a disposición de toda a cidadanía, cunha licenza Creative Commons en formato Html e nos estándares IMS e SCORM, é o seguinte: 
 
E no mes de setembro, está previsto que estean dispoñibles as guías dedicadas ás ferramentas de son e vídeo.
 
Por outra banda, os colexiados do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia) levan impartindo dende o mes de maio nos CFR (Centros de Formación e Recursos) de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo, as xornadas de formación práctica dos contidos dixitais para o profesorado. 
 
En concreto, estas xornadas formativas son sobre as ferramentas GIMP e IMPRESS e un total de 140 docentes xa recibiron 10 horas de formación para cada unha destas ferramentas. 
 
Co comezo do próximo curso escolar 2011-2012, continuarán as xornadas formativas para o persoal docente.