O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 20/03/2012

Xunta de Galicia: Comeza o prazo para a incorporación de novos centros educativos á Rede Abalar

O 20 de Marzo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de Marzo, na que se convoca a selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2012/2013.

O obxecto desta convocatoria é dar a coñecer os criterios para a selección de novos centros educativos galegos que estean interesados en integrarse no Proxecto Abalar no próximo curso académico. Continúase así, coa estratexia da integración plena das TIC na práctica educativa nos centros educativos de Galicia.

Poderán participar no procedemento de selección da presente convocatoria os centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan no curso 2012/2013 ensinanzas de 5º de educación primaria ou 1º de educación secundaria obrigatoria sempre que no actual curso non estivesen integrados na Rede Abalar.

Para que o centro poida participar neste proceso é necesario que cumpra os seguintes requisitos:

  • Contar coa aprobación do Claustro e do Consello Escolar do centro.
  • Presentar un proxecto que dea a coñecer ao centro e a súa implicación coas TIC.
  • Propoñer a unha persoa para desenvolver as funcións de coordinador/a Abalar.
  • Contar coas infraestruturas eléctricas e de datos adecuadas. 

 

Ademais, os centros que pasen a formar parte da Rede Abalar, tamén terán unha serie de compromisos no referente á formación do profesorado, ao impulso do proxecto, ao emprego das ferramentas e recursos, etc.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. 

A continuación inclúese a Resolución da Convocatoria (en formato PDF) e os Anexos a cumprimentar (en formato PDF, OpenOffice e en Word.

 Resolución do 5 de marzo de 2012: Selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2012-2013 

Anexos en PDF

 Anexos en OpenOffice

 Anexos en Word