O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 13/03/2020

Abalar: Comunicado sobre as ferramentas informáticas a disposición dos centros educativos

En relación ás INSTRUCIÓNS DO 13 DE MARZO DE 2020, PROVISIONAIS DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DAS MEDIDAS A ADOPTAR  EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O 16 DE MARZO DE 2020 , nas que se establece que se remitirá aos centros educativos unha comunicación na que se indicarán as ferramentas informáticas que están a disposición da comunidade educativa e o seu procedemento de uso, facemos chegar a seguinte documentación por se pode ser de interese:

Páxina web do centro educativo

Esta aplicación permite o traballo colaborativo coa posibilidade de crear diferentes apartados (departamentos, áreas, etc,) e publicar contidos na web do centro tanto para as familias como para o alumnado.

 

Aula Virtual do centro educativo

Esta ferramenta de traballo permite dispoñer dun espazo web online para organizar as unidades didácticas, repositorio de documentos, espazo de intercambio e comunicación, realización de tarefas por parte do alumnado, etc.

Ademais da ampla flexibilidade á hora de importar actividades realizadas nos propios cursos de Moodle, permite a exportación e importación de cursos polo que calquera docente pode utilizar cursos xa elaborados, adaptando os contidos á realidade da aula.

 

espazoAbalar – abalarMóbil

abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Desta forma, van a poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo. Unha vez enviada a mensaxe, os/as responsables, que estean subscritos as notificacións, recibirán os avisos nos seus dispositivos móbiles

A mensaxería de abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación, se o profesorado así o considera, das familias co centro educativo.

 

Ante calquera dúbida sobre algunha destas ferramentas ou calquera outra aplicación corporativa, poñerse en contacto co/a asesor/a Abalar de zona ou ca Unidade de Atención a Centros (UAC) a través do teléfono 881 99 77 01 ou do correo electrónico uac@edu.xunta.gal