O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 16/12/2019

Xunta de Galicia: Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030”

A Axencia de Modernización Tecnolóxica (Amtega) pon en marcha o Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030” no marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.

O obxectivo do concurso é facer participes aos máis novos neste proceso e coñecer como imaxinan que a transformación dixital cambiará a sociedade galega nos próximos 10 anos a través dun microrrelato.

Participantes

  • Alumnado de 1º a 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) ou 1º e 2º de Bacharelato de centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre os 11 e os 18 anos (ambas as dúas inclusive).

 

Inscricións

  • O período de inscrición estará aberto desde o día 16 de decembro ata o 17 de xaneiro. O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar.

 

Prazo de entrega

  • O prazo para enviar o material do alumnado previamente inscrito estará aberto desde o día 16 de decembro ata o día 24 de xaneiro de 2020.
  • Para máis información consultar a web: amtega.xunta.gal/edg2030/concursos

 

Premios

  • Premiarase cunha tablet a cada un dos/as alumnos/as responsables dos 3 mellores microrrelatos (1º, 2º e 3º premio).

 

Documentación

Bases do Concurso

Autorización para participar no concurso “Viaxe ao 2030” 

Formulario de inscrición

Cartel “Viaxe ao 2030” 

Ante cualquier duda, dirigirse al correo electrónico edg2030@xunta.gal