ACTUALIDADE DO PROXECTO
06/09/2012
Os días 4, 5 e 6 de outubro terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Mérida o Congreso “Contenidos Educativos Digitales”, que ten como principal obxectivo presentar e analizar diferentes modelos de desenvolvemento, distribución e utilización de contidos educativos dixitais.
Pode verse o programa e información detallada do congreso na súa
web oficial.
O profesorado interesado en asistir debe enviar un correo ao enderezo electrónico
asesoria.tic@edu.xunta.es facilitando os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- NIF
- Enderezo electrónico
- Teléfono
- Centro
- Coordinador/coordinadora Abalar (Si/Non)
- Razóns polas que desexa asistir
A data límite de recepción de solicitudes é o luns 10 de setembro (inclusive).
Se o número de solicitantes superase as prazas ofertadas no cupo reservado a Galicia, a Consellería determinará os criterios de selección tendo prioridade os coordinadores/coordinadoras Abalar sobre o resto de solicitantes.
NOTA: A organización do congreso farase cargo só do aloxamento e da manutención dos asistentes. O desprazamento correrá a cargo das persoas seleccionadas.