O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 05/07/2013

Abalar: A Consellería de Cultura e Educación e a AMTEGA porán a disposición da cidadanía de forma gratuíta o currículo completo de bacharelato no repositorio de contidos do espazoAbalar

Coas novas incorporacións este espazo contará con 1.900 contidos educativos dixitais.

Deste xeito favorécese un espazo educativo no que tanto os docentes como os alumnos poidan desenvolver as súas actividades académicas

 
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) porán a disposición da cidadanía, de forma totalmente gratuíta, o currículo completo de bacharelato no repositorio de contidos do espazoAbalar, para fomentar o uso das tecnoloxías da información e comunicación no proceso de ensino-aprendizaxe.
 
 
Os docentes van a poder incorporar as unidades didácticas á aula virtual do seu centro, adaptando a temporalidade, os contidos, as actividades, etc. para a aula ou o para seu uso fóra da mesma.
 
 
Así mesmo, facilita a participación activa do alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe e para aqueles estudantes que, por enfermidade non poden asistir a clase, permite estar en contacto co profesorado e supervisar os contidos que se van impartindo en cada sesión, así como participar co envío das tarefas.
 
 
Por outra banda, preténdese dar un maior alcance dos recursos educativos ás persoas interesadas en cursar os seus estudos a distancia -en especial as que se atopan en situación de desemprego-, debido a que van a poder acceder ao currículo sen custe algún.
 
 
Deste xeito, favorécese un espazo educativo no que tanto os docentes como o alumnado poidan desenvolver as súas actividades académicas.
 
 
Unidades didácticas de 1º de Bacharelato
 
Polo momento no repositorio do espazoAbalar están publicadas practicamente a totalidade das unidades didácticas que desenvolven o currículo completo de 1º de Bacharelato. Dito material utilízase na modalidade a distancia do Bacharelato impartido no IES San Clemente e na súa realización participaron docentes de diversos centros galegos coordinados pola Consellería e o devandito instituto.
 
 
Cada unidade didáctica está estruturada nos apartados de apuntes, exercicios documentais, exercicios de reforzo, comentario de texto ou dun mapa, e resumo. Están elaboradas en formato .PDF e integradas en bloques coa ferramenta de autor exelearning.
 
 
Así mesmo, na opción de descarga de cada tema está incluído un arquivo de extensión .ELP para poder editar cada paquete con esta ferramenta. Adicionalmente, pódese descargar un arquivo en formato .ZIP para restaurar o temario completo nun aula virtual Moodle.