O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 18/12/2012

Abalar: Continúan abertos os cuestionarios para determinar a competencia dixital do profesorado

O pasado mes de xuño habilitáronse os cuestionarios do itinerario formativo de competencia dixital docente no seu formato actual con cinco niveis. Dende entón, máis de 3.000 persoas cubriron uns 11.000 cuestionarios. Estas consultas son unha ferramenta de autoavaliación para facilitar ao profesorado un coñecemento o máis aproximado posible da formación que necesita para unha mellor integración das TIC na docencia.

No seguinte vídeo atopará un percorrido pola competencia dixital, os niveis de competencia, a autoavaliación e o itinerario formativo de competencia TIC.

Na primeira parte,  abórdase o marco de referencia establecido para a competencia TIC docente en base a catro dimensións, no que se explican os cinco niveis de competencia propostos en función dos indicadores para cada unha das dimensións.

A continuación, descríbese o funcionamento da ferramenta de autoavaliación a disposición do profesorado para o coñecemento da súa propia competencia dixital, xa que a partir dos resultados obtidos nos cuestionarios de autoavaliación, obtense unha recomendación para realizar un curso de formación que permita adquirir o nivel de competencia que se precisa para unha mellor integración das TIC nas aulas.

Na terceira parte, defínese o itinerario formativo de competencia TIC, así como os cinco cursos (presenciais, mixtos e en rede) que se corresponden con cada un dos niveis de competencia.

Na última parte do vídeo, e despois dunha serie de aclaracións sobre a competencia e o itinerario, explícase o xeito de realizar a inscrición nos cursos do itinerario TIC docente a través de Fprofe.

See video