O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 30/04/2014

Abalar: Convócase a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/2015

Xúntase a Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.

O proxecto Educación Dixital E-DIXGAL ten o obxectivo de fomentar a utilización do equipamento das aulas Abalar poñendo á disposición dos centros unha contorna virtual de aprendizaxe con libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolver a totalidade do currículo.

 

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria durante o curso 2014-2015. En anos sucesivos ampliarase os cursos e etapas de implantación deste proxecto.

 

Características:

 

  • Os centros manterán o programa un mínimo de 3 anos (dúas promocións).

  • Os materiais poderán utilzarse online e offline.

  • Debido á gratuidade do proxecto, o alumnado participante quedará excluído como beneficiario das axudas ou subvencións para adquisición de libros de texto convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Os centros participantes contarán co asesoramento, asistencia técnica e seguemento da rede de formación Permatente do profesorado, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os servizos de inspección educativa.

 

Documentación necesaria

 

  • Proxecto concretando a implantación no centro segundo o guión do punto cuarto da convocatoria.

  • Proposta dunha persoa responsable da coordinación do proxecto.

 

 

Máis información:

Correo electrónico asesoria.tic@edu.xunta.es

Tl.: 981 546.514/ 981.546.513