O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 27/06/2011

Xunta de Galicia: Convocatoria de concesión de premios ao profesorado que desenvolva novos contidos educativos dixitais

O 6 de xullo finaliza o prazo para presentar as solicitudes na convocatoria de premios ao profesorado que desenvolva novos contidos educativos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados neste ano 2011 pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (procedemento administrativo PR522B).
 
No marco do programa de Axudas para o desenvolvemento da sociedade da información, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destina este ano 200.000 euros a premios para profesores que desenvolvan novos contidos educativos dixitais.
 
A presente actuación enmárcanse na estratexia do Proxecto Abalar, que están a desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
 
Os profesores galegos poderán optar este ano a uns premios sobre o desenvolvemento de novos contidos educativos con entidade dixital. Estes contidos, accesibles mediante medios electrónicos e interactivos, referiranse a algunha das seguintes modalidades:
 
5º e 6º de Educación Primaria:
 
  • Modalidade 1: Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural
  • Modalidade 2: Lingua Galega e Literatura
  • Modalidade 3: Matemáticas ou Educación Física
  • Modalidade 4: Plástica
 
1º e 2º de Educación Secundaria:
 
  • Modalidade 1: Ciencias Sociais
  • Modalidade 2: Xeografía e Historia
  • Modalidade 3: Ciencias da Natureza
  • Modalidade 4: Educación Plástica e Visual
  • Modalidade 5: Lingua Galega e Literatura
  • Modalidade 6: Lingua Castelá e Literatura
 
 
Para cada unha das modalidades anteditas establécense un primeiro premio de 4.500 €, un segundo premio de 3.500 euros, un terceiro premio de 3.000 € e nove cuartos premios de 1.000 euros.
 
Os formularios de solicitude pódense cubrir e obter por vía telemática ata as 14 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes na seguinte páxina:
 
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 6 de xullo de 2011.