Abalar: Detalles sobre as actuacións do Plan DigiTalent do 1º trimestre do 2019
A continuación recóllense as últimas novidades sobre as actuacións do catálogo DigiTalent do primeiro trimestre do ano 2019, orientadas a achegar as novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos/as:
Continúa aberta a inscrición para a segunda edición do programa “Tecnólogo por un día” ata o 15 de febreiro no espazo web DigiTalent: amtega.xunta.gal/tecnologo-por-un-dia-segunda-edicion
“O Core das TIC” e “FUTURELAB+CODEFUN”. Coremain e SIVSA Solucións Informáticas impulsarán unha serie de talleres nas súas instalacións para estudantes de 12 a 17 anos nos que se realizarán actividades prácticas experimentando os procesos de creación e desenvolvemento de solucións tecnolóxicas.
- APERTURA INSCRICIÓNS 1 DE FEBREIRO:
- http://www.coremain.com/core-tic/
- https://www.sivsa.com/site/digitalent/
Primeiros talleres “DixiXogo”. Iecisa impulsa unha serie de actividades lúdico-formativas nas de El Corte Inglés para que nenos e nenas de 6-14 anos adquiran habilidades dixitais a través do xogo.
- MÁIS INFORMACIÓN SOBRE INSCRICIÓNS E CALENDARIO:
- https://www.iecisa.com/es/DigiTalent
Localizacións e datas dispoñibles da iniciativa “Acerca-T”. Ao longo do mes de febreiro, Televes visitará, coa súa unidade móbil, a alumnos/as de secundaria e bacharelato co obxectivo de captar e espertar novas vocacións na área das TIC.
- A unidade móbil estará localizada en catro centros educativos das catro provincias galegas e tamén nas oficinas centrais de Televés, que servirán como ubicación accesible para todos os nenos/as da área de influencia. Esta actividade poderá completarse cunha visita ás oficinas centrais de Televes.
PARADAS PLANIFICADAS DA UNIDADE MÓBIL:
- 18/02/19 – Culleredo (Unidade móbil ubicada en: IES Universidade Laboral . Rúa Salvador Allende, s/n, 15670 Culleredo, A Coruña)
- 19/02/19 – Santiago (Unidade móbil ubicada en: Oficinas centrais de Televés. Rúa Benéfica de Conxo, 17, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña)
- 20/02/19 – Lugo (Unidade móbil ubicada en: CIFP Politécnico de Lugo. Rúa Armando Durán, 1, 27002 Lugo)
- 21/02/19 - Ourense (Unidade móbil ubicada en: CIFP A Farixa. Rúa das Laxas, s/n, 32005 Ourense)
- 22/02/19 – Pontevedra (Unidade móbil ubicada en: CIFP A Xunqueira. Rúa Rafael Areses, S/N, 36005 Pontevedra)
- EMAIL INSCRICIÓNS (indicando nome e apelido do/a alumno/a, curso académico e itinerario escollido)
- digitalent@televes.com
- MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS PRAZAS E LOCALIZACIÓNS
- https://amtega.xunta.gal/vocacions-cientifico-tecnoloxicas-infancia-e-adolescencia
Lanzamento dos retos de programación “DXC CODES”. DXC Technology porá en marcha a fase local da competición internacional de programación de xogos en linguaxe Scratch para nenos/as de 10 a 14 anos.
- PUBLICACIÓN DOS RETOS A ESCALA GLOBAL E APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN: Previsión febreiro 2019
Toda a información e detalles do catálogo completo de actuacións recóllense no espazo web DigiTalent amtega.xunta.gal/digitalent.