O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 09/02/2015

Abalar: Día de internet seguro 2015

Maña, 10 de febreiro celébrase o 12º aniversario do "Día de Internet Seguro" (Safer Internet Day), promovido desde 2004 por Insafe, Rede Europea por un Internet Seguro, da Comisión para a concienciación sobre un bo e seguro uso da rede. A celebración deste ano leva por lema "Imos crear un mellor internet xuntos". Trátase dunha conmemoración que terá lugar nun grande número de países, co obxecto de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores, mozos e mozas.

Os organizadores proporcionan ideas e inspiración para apoiar o Día de Internet Seguro: organizar charlas e obradoiros sobre a seguridade na rede, programar debates co alumnado, seguir a campaña nas redes sociais e ver os vídeos publicados na súa canle, etc.

Os seguintes enlaces poden ser de utilidade para este evento:

· http://www.saferinternetday.org/web/guest

· http://www.protegeles.com/

No repositorio de contidos do espazoAbalar hai dispoñibles varios recursos que poden empregarse para traballar a seguridade na rede:

·  Novas formas de comunicación e seguridade na rede: secuencia didáctica creada por Red.es no marco do programa Internet na aula recomendada para 6º curso de Educación Primaria.

· Jesús Arribí creou tres obxectos dixitais para explicar o funcionamento de Internet en 1º de ESO nos que, entre outros temas, toca o tratamento da privacidade e seguridade na rede: Funcionamento e servizos de Internet, Web social e Busca de información en Internet.

· Internet: Obxecto de aprendizaxe para traballar o tema de Internet e os sistemas de comunicación en 2º de ESO creado por Mª Teresa Mancebo.

· Nas unidades didácticas para 1º curso de Bacharelato a distancia elaboradas polo IES San Clemente hai dúas nas que se traballa a seguridade en Internet: A sociedade da información e as súa oportunidades e riscos e Propiedade intelectual e seguridade no uso das TIC.

Tamén están dispoñibles as guías de navegación para familias, alumnado e profesorado do programa Navega con rumbo, cuxa 5ª edición está desenvolvéndose durante este trimestre con 240 sesións informativas programadas nos centros de ensino galegos.