O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 16/11/2018

Abalar: DigiTalent – Aberto prazo de inscrición GenTech

Durante os meses de novembro e decembro os centros educativos poden inscribirse na iniciativa GenTech para promover o atractivo vocacional das carreiras STEM entre o alumnado de bacharelato e impulsada pola empresa Altia no marco do Plan DigiTalent da Amtega.

GenTech ofrecerá aos centros educativos interesados “sesións dixitais” en horario lectivo nas que profesionais do sector TIC  exporán en primeira persoa a súa experiencia desde unha perspectiva real, práctica e inspiradora…co obxectivo de orientar ao alumnado cara a un posible futuro profesional e romper as barreiras entre mozos e mozas neste tipo de carreiras. Ademais, nunha segunda fase da actuación celebrarase un concurso de ideas entre os/as alumnos/as GenTECHies.

Na seguinte ligazón están dispoñibles todos os detalles da actuación así como o formulario de inscrición para os centros educativos interesados: altia.es/es/gentech

Por último destacar que o catálogo completo de actividades do Plan DigiTalent, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), atópase dispoñible no espazo web amtega.xunta.gal/digitalent.