O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 06/03/2020

Xunta de Galicia: DigiTalent – Amplíase o prazo de inscricións das Charlas educativas ata o 15 de marzo

Os centros educativos poderán solicitar a inscrición no programa de Charlas educativas ata o próximo 15 de marzo.

As Charlas DigiTalent impartiranse nos centros educativos co obxectivo de mellorar a visión e percepción que o alumnado ten do mundo TIC.  A través da colaboración de grandes empresas do sector, achegarase aos centros educativos a experiencia e proxectos dos profesionais que as conforman, baixo temáticas vinculadas ás novas tendencias dixitais como a Intelixencia Artificial, Blockchain, Ciencia do dato ou a Ciberseguridade, entre outras.

Os centros educativos poderán inscribirse ás charlas nas que estean interesados consultando a listaxe de charlas ofertadas polas empresas colaboradoras e a temática das mesmas, coa finalidade de promover no seu centro o atractivo vocacional das carreiras STEM.

O formulario de inscrición e máis información sobre o programa están dispoñibles na web DigiTalent:

https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/charlas-digitalent