O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 24/10/2019

Xunta de Galicia: DigiTalent – Amplíase o prazo de inscricións de Tecnólogo por un día ata o 8 de novembro

 

 

O persoal docente poderá inscribir ao alumnado interesado en participar no programa Tecnólogo por un día ata o próximo 8 de novembro.

Con esta actuación, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no marco do Plan DigiTalent, estudantes de 12-17 anos poderán experimentar unha xornada de traballo no marco das profesións dixitais (reunións, visitas a clientes tecnolóxicos, comida de traballo, etc.) axudándolles a coñecer as dinámicas deste tipo de profesións e resolver as súa dúbidas vocacionais.

O formulario de inscrición e a documentación de referencia con máis detalles do programa están dispoñibles na web DigiTalent:

https://digitalent.xunta.gal/es/iniciativa/tecnólog-por-un-día