O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 25/01/2019

Abalar: DigiTalent – Lanzamento 2ª edición Tecnólogo por un día

Tras a boa acollida e o interese espertado coa primeira experiencia do programa Tecnólogo por un día, a Amtega activa a súa segunda edición ofrecendo novas prazas para que estudantes de 12 a 17 anos coñezan en primeira persoa as dinámicas que dominan ás profesións tecnolóxicas da man de empresas TIC galegas.

O período de inscrición estará aberto desde o día 25 de xaneiro ata o 8 de febreiro. O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar na actividade a través do formulario dispoñible no espazo web DigiTalent: amtega.xunta.gal/tecnologo-por-un-dia-segunda-edicion

Poderán escoller entre as 65 novas prazas dispoñibles que oferta a Amtega xunto coas 14 empresas que colaboran nesta edición. As asignacións realizaranse a través do resultado dun sorteo que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscricións e tendo en conta as preferencias do alumnado. Posteriormente, as empresas poranse en contacto cos/as participantes para concretar a data e o horario da xornada que se desenvolverán entre febreiro e marzo.

Para coñecer máis detalles e as instrucións para participar neste programa están dispoñibles os manuais do docente e o alumnado, xunto co modelo de autorización requirido para esta actividade, na sección Documentos do espazo web amtega.xunta.gal/tecnologo-por-un-dia-segunda-edicion