O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 17/10/2019

Xunta de Galicia: DigiTalent – Lanzamento 3ª edición Tecnólogo por un día

Co novo curso chega unha nova edición do Programa Tecnólogo por un día para que estudantes de 12 a 17 anos coñezan en primeira persoa as dinámicas que dominan ás profesións tecnolóxicas da man de empresas TIC galegas.

Tras a boa acollida e éxito de participación das dúas anteriores edicións a Amtega, xunto coas 12 empresas que colaborarán no desenvolvemento do programa, acollerán a máis de 70 estudantes, o maior número de prazas desde o seu lanzamento.

O período de inscrición estará aberto desde o día 17 ata o 28 de outubro de 2019. O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar na actividade a través do formulario dispoñible no espazo web DigiTalent: digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/tecnólog-por-un-día

O alumnado poderá escoller entre todas as prazas dispoñibles segundo a súa localización ou preferencias. As asignacións realizaranse a través do resultado dun sorteo que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscricións e tendo en conta os intereses do alumnado. Posteriormente, as empresas poranse en contacto cos/as participantes para concretar a data e o horario da xornada que se desenvolverán entre os meses de novembro e decembro.

Para coñecer máis detalles e as instrucións para participar neste programa, están dispoñibles os manuais do docente e o alumnado xunto co modelo de autorización requirido para esta actividade, na sección Arquivos do espazo web digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/tecnólog-por-un-día