O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 07/03/2021

Xunta de Galicia: DigiTalent – Nova edición Tecnólogo por un día, agora en formato online!

Na súa 4ª edición o Programa Tecnólogo por un día pasa ao formato online co fin de poder seguir achegando as profesións dixitais aos máis novos. Nesta ocasión, poderán participar nesta actividade un total de 152 estudantes de 15 a 17 anos grazas á colaboración de 12 empresas do sector TIC que os acompañarán en distintas modalidades de sesións:

  • DIGITAL BEGINNER. Talleres prácticos, resolución de retos e/ou problemas de proxectos reais de forma remota.
  • DIGITAL RECRUIT. Cita con responsables de talento nas empresas TIC.​
  • MENTORING DIGITALENT. Encontro distendido con profesionais de ampla traxectoria profesional.​

 

O período de inscrición estará aberto desde o día 8 ata o 22 de marzo de 2021. O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar na actividade a través do formulario dispoñible no espazo web digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/tecnólog-por-un-día e encargarase das xestións para asegurar o acceso dos/as alumnos/as ao equipamento necesario (reserva aulas, equipos, etc.)​.

O alumnado poderá escoller entre todas as prazas dispoñibles segundo a modalidade de sesión que prefira. As asignacións realizaranse a través do resultado dun sorteo que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscricións e tendo en conta os intereses do alumnado. Posteriormente, as empresas poranse en contacto cos/as participantes para concretar a data e o horario da xornada que se desenvolverán entre os meses de abril e maio.

Para ver os detalles e as instrucións para as inscricións, está dispoñible o manual do docente xunto co modelo de autorización requirido para esta actividade, na sección Arquivos do espazo web digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/tecnólog-por-un-día