O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 21/12/2018

Abalar: DigiTalent – Novas actuacións para impulsar as vocacións STEM

A partir de xaneiro activaranse novas actuacións do catálogo DigiTalent, o Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, para o fomento das vocacións STEM nas que os centros educativos están chamados a ter un papel protagonista:

  • “Tecnólogo por un día”. Despois da boa acollida da primeira edición, no mes de febreiro volve este programa impulsado pola Amtega, ofrecendo novas prazas para que estudantes de 12-17 anos experimenten un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de grandes empresas galegas.
  • “DXC Codes”. A partir de xaneiro ábrese o prazo de inscrición para esta actividade, unha competición internacional de programación de xogos en linguaxe Scratch para estudantes de 10 a 14 anos, cunha primeira fase local a nivel de toda Galicia, impulsada pola empresa DXC Technology.
  • “Talleres de creatividade”. Unha combinación de talleres de ideas, demos e/ou actividades lúdicas en torno a grandes proxectos relacionados co ámbito sanitario, o coche conectado ou drons dirixidos a estudantes de 7-16 anos que terán lugar nas instalacións das empresas SIVSA e COREMAIN do Grupo KIOM.
  • Acerca-T. Televés proximamente porá en circulación unha unidade móbil equipada con material de telecomunicacións e robots deseñados e fabricados pola empresa, que visitará distintos centros educativos galegos para que alumnos/as de secundaria e bacharelato se familiaricen coas novas tecnoloxías; que se complementará con visitas á fábrica.
  • DixiXogo. Iecisa impulsará talleres formativos con temática tipo Lego Mindstorms para que nenos/as anos adquiran habilidades dixitais a través do xogo.

Todos os detalles destas actuacións así como as instrucións para participar irán actualizándose na sección Vocacións científico-tecnolóxicas | Infancia e adolescencia do espazo web DigiTalent.

Máis información