O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 06/05/2019

Abalar: Dispoñible unha nova funcionalidade en abalarMóbil: a mensaxería

A aplicación abalarMóbil, que está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, dispón dunha nova funcionalidade: a mensaxería.

A través deste novo servizo o profesorado poderá enviar unha mesaxe aos/as responsables dun/dunha alumno/a ou dun grupo deles, e opcionalmente poderán permitir que os/as responsables respondan á mensaxe iniciando así unha conversa privada con eles/as. Este novo servizo está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS

Manual para os/as responsables

Manual para o profesorado

As familias que descarguen a aplicación van a poder seguir consultando desde o seu dispositivo móbil as cualificacións, solicitar unha cita de titoría, consultar e xustificar as faltas de asistencia, as faltas de conduta, os horarios e as materias, as incidencias creadas polo profesorado así como os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo e modificar o idioma da aplicación. Actualmente, 142.245 usuarios xa se están beneficiando desta ferramenta de comunicación.