O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 21/02/2011

Xunta de Galicia: Dispoñibles para os centros educativos o diccionario digalego.com e a Enciclopedia Galega Universal (EGU) en liña

Xa están dispoñibles para os centros educativos dous novos recursos lingüísticos de grande utilidade: Digalego.com e a Enciclopedia Galega Universal (EGU) en liña. 

Estas ferramentas lingüísticas serán accesibles a través da rede corporativa da Xunta de Galicia nas direccións  http://xunta.digalego.com e http://xunta.egu.es.  A maiores, cada centro educativo dispón dunha conta de usuario e dunha clave que lle permite aos docentes facer uso destes servizos tamén desde fóra da rede corporativa.
 
Digalego.com é un completo diccionario on-line de lingua galega. Posúe máis de 65.000 entradas que seguen as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, e toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa).
 
Por outro lado, a Enciclopedia Galega Universal é unha obra de carácter analítico que contén máis de 200.000 entradas, miles de fotografías e gráficos e que incorpora un gran número de neoloxismos científicos e técnicos xunto a un amplo vocabulario sobre xeografía, cartografía, ciencias, humanidades, lexislación, xurisprudencia, finanzas, etc.