O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 21/06/2021

Xunta de Galicia: Entrega de Premios Xunta de Galicia – SuperReto DigiCraft

Como peche do curso escolar 2020/21, desde o Programa DigiCraft lanzouse aos centros participantes o SuperReto DigiCraft: "Como vían os alumnos e as alumnas o Cole do Futuro?" Propúxoselles crear o seu propio mural interactivo sobre esta temática.

O día 22 de xuño ás 10.30 hs farase entrega dos premios Diodi de ouro aos centros gañadores deste SuperReto na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela: CEIP de Corvillón (Pontevedra) e CEIP  Vistahermosa (Ourense).

O acto poderase seguir en streaming a través desta ligazón:

Contará coa presenza do Secretario  Xeral de Educación e FP, José Luis Mira, a directora da AMTEGA, Mar Pereira e a directora de Fundación Vodafone España, Gloria Pracer.