O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 28/02/2011

Xunta de Galicia: II Congreso Escuela 2.0

O Ministerio de Educación dentro do compromiso da oferta de actividades de formación do Proyecto Escuela 2.0 organiza o II Congreso Escuela 2.0. Este congreso celebrarase os días 13, 14 e 15 de abril no Palacio de Congresos Expoaragón (Zaragoza).

No marco deste congreso ofrecese ás Comunidades Autónomas a posibilidade de presentar as mellores experiencias do programa Escuela 2.0., experiencias que na nosa comunidade enmárcanse dentro do Proxecto Abalar.
 
 
                     Día 13  Día 14 Día 15
 09.30-11.00   Mesas redondas (Expertos expoñen as súas ideas sobre un determinado tema)  Para saber máis ... (aplicacións, ferramentas, normativa,...)
 11.00-11.30    Descanso - Café  Descanso - Café
 11.30-13.00    Foros de reflexión(espazos para debate moderado sobre temas diversos)

 (11.30-12.30)

Conferencia de clausura

 13.00-13.30    Mesas CC.AA. (4-5 representantes expoñen as súas actuacións sobre un tema)
 
 13.30-14.00  

 (13.30-14.00)

Acto de Clausura

 14.00-16.00  Acreditacións - Comida  Comida  Comida
 16.00-16.30

 Acto de Inauguración

(16.00-17.20)

16 Experiencias (2 sesións de 40´)

 
 16.30-17.30  Conferencia inaugural  
 17.30-18.00  Café  Café (17.20-17.50)  
 18.00-20.00  24 Experiecias (3 sesións de 40´)

 (17.50-19.10)

16 Experiencias (2 sesións de 40´)

 
 
Aqueles centros interesados en dar a coñecer a súa experiencia deberán enviar debidamente cuberta a seguinte ficha (ficha en formato Word / ficha en formato Openoffice) ao enderezo electrónico: abalar.congreso.zaragoza@edu.xunta.es.
 

A data límite de recepción de solicitudes é o xoves 03 de marzo de 2011 (inclusive).

 
NOTA: A organización do congreso farase cargo de todos os gastos, incluído o desprazamento para un máximo de dúas persoas por experiencia.
 
Por outra parte aqueles coordinadores ou coordinadoras Abalar ou o profesorado de aulas Abalar que estean interesados en asistir ao devandito congreso deberán enviar un correo ao enderezo electrónico: abalar.congreso.zaragoza@edu.xunta.es facilitando os seguintes datos:
 
  • Nome:
  • Primeiro apelido:
  • Segundo apelido:
  • NIF:
  • Enderezo electrónico:
  • Centro:
  • Coordinador/coordinadora Abalar (Si/Non):
 
Se o número de solicitantes superase as prazas ofertadas a consellería determinará os criterios de selección tendo prioridade os coordinadores/coordinadoras Abalar sobre o resto de solicitantes.
 
NOTA: A organización do congreso farase cargo só do aloxamento e da manutención dos asistentes, non inclúe o desprazamento.
 
A data límite de recepción de solicitudes é o xoves 03 de marzo de 2011 (inclusive).