O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 16/06/2011

Xunta de Galicia: III Congreso Escuela 2.0

O Ministerio de Educación organiza os días 6, 7 e 8 de outubro de 2011 o III Congreso Escuela 2.0 que se celebrará no “Palacio de Exposiciones y Congresos” de Granada.
 
No marco deste congreso ofrécese ás Comunidades Autónomas a posibilidade de presentar as mellores experiencias e resultados do programa Escuela 2.0, experiencias que na nosa comunidade enmárcanse dentro do Proxecto Abalar.
 
As experiencias remitidas deben reunir entre outras as seguintes características:
 
  • Empregar os recursos do Proxecto Abalar
  • Que os resultados obtidos sexan positivos
  • A posibilidade de ser extrapoladas a outros centros educativos
  • Que fosen elaborados e fagan uso de recursos e materiais que se poidan visualizar: presentacións, webs, blogs, wikis, ...
  • Que estean integradas en proxectos de innovación, ou proxectos en centros TIC, bilingües, Abalar, ...
 
Aqueles centros interesados en dar a coñecer a súa experiencia deberán enviar debidamente cuberta a seguinte ficha (ficha en formato Word / ficha en formato OpenOffice) ao enderezo electrónico: abalar.congreso.granada@edu.xunta.es.
 
A data límite de recepción de solicitudes é o domingo 26 de xuño de 2011 (inclusive).
 
NOTA: A organización do congreso farase cargo de todos os gastos (aloxamento, manutención e viaxe), para un máximo de dúas persoas por experiencia.