O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 06/02/2017

Xunta de Galicia: III Edición de Programación nas Escolas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza a terceira edición do plan “Programación nas Escolas”.

O obxectivo é introducir aos escolares, dunha maneira proactiva e lúdica, a programar, introducíndoos ao pensamento computacional. Deste xeito, os alumnos e alumnas participantes poden coñecer as ferramentas necesarias para comprender que son e como funcionan os ordenadores e os programas e aplicacións informáticas que rexen o día a día. Xa que logo, poderán entender moito mellor a realidade na que se moven ao tempo que se fomentan as súas capacidades creativas na medida en que poden crear as súas propias aplicacións interactivas como animacións, videoxogos ou simulacións, entre outros. Este plan está especialmente dirixido a escolares de 5º e 6º de educación primaria, aínda que poden participar alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO.

Especialistas do CPEIG achegaranse aos centros educativos para impartir un curso de 10 horas, repartidas en varias xornadas, fóra de horario escolar. Para poder impartir este curso é imprescindible contar con aula de informática. Poden inscribirse nesta iniciativa todos os centros públicos, tendo preferencia os participantes no proxecto E-DIXGAL e os centros da rede Abalar. Para participar débese enviar un correo electrónico ao enderezo contidos@edu.xunta.es co asunto Programación nas Escolas antes do martes 21 de febreiro indicando:

  • datos do centro (teléfono, correo electrónico, número de equipos da aula de informática onde se impartirán as sesións)
  • datos da persoa de contacto (nome e apelidos, cargo)
  • cursos que van asistir e unha estimación do número de persoas (preferiblemente entre 15 e 25 alumnos/as)
  • Puntos fortes que defenden a candidatura do centro: actividades relacionadas coa programación e a robótica, organización e xestión do alumnado durante as sesións fóra de horario lectivo (transporte, etc)….