O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 09/10/2012

Abalar: III Edición do Plan Navega con Rumbo

O Plan Navega con Rumbo é unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais. Asi mesmo, pretende a implicación do profesorado e das familias neste proceso, facéndoos partícipes destas recomendacións.

Desta forma, especialistas do CPEIG achegaranse, unha edición máis, aos centros educativos para impartir charlas divulgativas sobre ditas prácticas. A duración destas charlas será aproximadamente dunha hora, e nelas os relatores, con medios técnicos e o material divulgativo, exporán nos salóns de actos ou nas propias aulas escolares aquelas recomendacións e consellos útiles para acadar o obxectivo indicado, unha navegación responsable e segura.

Estas sesións estarán apoiadas nas Guías de Boas Prácticas, dirixidas tanto ao alumnado coma ás familias e ao profesorado, e que se poden descargar en formato electrónico na web do programa www.navegaconrumbo.es, web na que ademais da posibilidade de descargar ditas guías en formato electrónico, se pon a disposición da comunidade educativa xogos e ligazóns de interese sobre a temática do programa.

Poden participar neste programa os centros públicos da rede Abalar que non recibisen ditas charlas nalgunha das dúas edicións anteriores. Os centros interesados deben enviar un correo electrónico á dirección abalar.navegaconrumbo@edu.xunta.es antes do sábado 20 de outubro indicando os datos da persoa de contacto (nome, cargo, teléfono, correo electrónico) xunto co seu interese en participar neste programa.