O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 12/05/2015

Abalar: Letras Galegas 2015. Materiais didácticos sobre Xosé Filgueira Valverde

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

O día das Letras Galegas 2015 está dedicado a Xosé Filgueira Valverde, escritor pontevedrés que recibiu o alcume de “vello profesor” pola súa labor docente en institutos de Pontevedra, Lugo e Barcelona.

Como os últimos anos, o Seminario Galán preparou un extenso traballo dedicado á vida e obra do autor homenaxeado neste día, con actividades para realizar en papel e no ordenador adaptadas á Educación infantil e todos os cursos da Educación primaria, así como carteis e cuestionarios para unha exposición, marcapáxinas e unha galería de imaxes.

O blogue colaborativo As nosas letras recolle as experiencias do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas e do CEE de Panxón traballando cos materiais do Seminario Galán. Neste blogue tamén se poden ver as infografías realizadas no IES María Sarmiento de Viveiro

Na web do equipo de normalización e dinamización lingüística do CEIP A Ponte pódense ver unha serie de actividades para infantil e primaria: un brincaletras, presentacións, test, o vídeo Filgueira Valverde e os nenos e unha colección de caricaturas realizadas polo alumnado de 5 anos.

Por último, o repositorio ce contidos do espazoAbalar inclúe unha serie de ODEs para traballar a figura de D. Xosé Filgueira Valverde procedentes de docentes da nosa comunidade que utilizaron o procedemento aberto de cesión de dereitos:

 

Xosé Filgueira Valverde (Letras galegas 2015)

Autora:Concepción Arias Neira. CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes

Unidade didáctica composta por lim, video e xogo sobre a vida e obra de D. Xosé Filgueira Valverde. 4º Primaria

 

Letras galegas 2015: Xosé Filgueira Valverde

Autor: Xermán Manuel Torres de Aboal. CEIP O Piñeiriño

Introdución á figura de D. Xosé Filgueira Valverde plantexada como preguntas e respostas. O zip de descarga inclúe a presentación en .ppt e .pdf. 5º Primaria

 

Filgueira neno

Autor: Xermán Manuel Torres de Aboal. CEIP O Piñeiriño

Libro para traballar a vida e obra de Don Xosé Filgueira Valverde homenaxeado co Día das Letras Galegas 2015. O zip de descarga inclúe unha presentación en .ppt e .pdf. 5º Primaria

 

Universo Filgueira

Autor: Xermán Manuel Torres de Aboal. CEIP O Piñeiriño

Libro para traballar a figura de D. Xosé Filgueira Valverde homenaxeado co Día das Letras galegas 2015. O zip de descarga inclúe un powerpoint. 5º Primaria

 

Don Xosé tamén foi neno

Autora: Mila Barcala Patiño. CEIP O Piñeiriño

ODE para traballar a figura de Don Xosé Filgueira Valverde homenaxeado co Día das Letras Galegas 2015. 5º Primaria

 

Don Xosé Filgueira Valverde (Letras galegas 2015)

Brincaletras: Xogo de preguntas-respostas con cuestións relativas á vida e obra de D. Xosé Filgueira Valverde. Permite o acceso á wikipedia para consultar información. 1º ESO