O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 10/05/2013

Abalar: Materiais didácticos sobre Roberto Vidal Bolaño

Desde o curso 2001-2002 o Seminario Galán vén creando actividades relacionadas co autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Nos primeiros anos, este seminario estaba composto por 12 docentes do CEIP de Galán e do CEIP Ponte dos Brozos, mentres que na actualidade está formado por profesorado de 13 centros de Arteixo, A Coruña, Cambre, Corcubión, Culleredo, Malpica de Bergantiños e Porto do Son coordinados mediante dous grupos de traballo asesorados polo CFR da Coruña.

 
Este ano ofrecen dous tipos de materiais para educación infantil e primaria:
 
  • Documentos para imprimir: unha biografía de Roberto Vidal Bolaño, actividades orientadas á educación infantil e os tres ciclos de educación primaria, unha exposición de carteis cun díptico de presentación e preguntas para traballar os seus contidos. 
 
  • Actividades en liña realizadas en LIM, cun paquete sobre a biografía e outro sobre a obra adaptados a cada un dos ciclos. 
 
Por outro lado, para educación secundaria destacan os vídeos elaborados no CPI dos Dices de Rois, un documental sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño e un telexornal, así como a presentación realizada no IES Concepción Arenal de Ferrol.
Finalmente, no repositorio de contidos do espazoAbalar poden atoparse os seguintes recursos:
 
  • Un libro instalable nunha aula virtual Moodle creado por Mª del Mar Lorenzo Núñez, profesora do CPI da Ribeira. Un recurso, recomendado para 5º curso de educación primaria, que está acompañado por un cuestionario sobre os contidos do libro para avaliar a compresión lectora.
 
  • Un Brincaletras, recomendado para 6º curso de educación primaria, creado por José Antonio Vicente Rodríguez, asesor de formación no CAFI.