O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 12/05/2014

Abalar: Materiais didácticos sobre Xosé María Díaz Castro

2.85
Average: 2.9 (6 votes)
Your rating: Ninguno
(6 votos)

Como todos os anos, a celebración do Día das Letras Galegas move a moitos centros educativos galegos a preparar actividades relacionadas co autor homenaxeado.

Este ano destaca o traballo A lus do mundo do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, unha experiencia publicada no espazoAbalar o pasado mes de xuño. Trátase dun documental sobre a vida do autor realizado polo alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO, acompañado dunha unidade didáctica, guía para o profesorado, unha axenda, cancións e poemas musicados...

Varios centros de educación primaria comparten actividades interactivas creadas con diversas ferramentas:

  • CEIP de Mallón, con 4 libros actividades LIM dirixidas ao alumnado de educación infantil e os tres ciclos de educación primaria.
  • O Seminario Galán, formado por profesorado do CEIP de Galán e o CEIP Ponte dos Brozos dirixidos desde o CFR de A Coruña, segue a liña dos últimos anos con materiais para imprimir, actividades interactivas e paneis para unha exposición.
  • Filomena Manzano e Julia Pérez, do CEIP García Barbón, ofrécennos un brincaletras.

 

Finalmente, mencionar unha recompilación de webs sobre Díaz Castro realizada no IES de Teis e os tres vídeos realizados polo CPI dos Dices: A beleza fireume para sempre. A obra de Xosé María Díaz Castro, 7 poemas de Díaz Castro, lectura de poemas por parte de coñecidos autores e autoras galegos e o orixinal telexornal emitido en directo o día 10 de abril. 

See video