O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 18/02/2016

Abalar: Nova actualización de recursos educativos publicados no repositorio de contidos do espazoAbalar

O repositorio do espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 54 novos contidos educativos en formato dixital.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.695 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Os recursos publicados proceden de:

Da docente Aurora Gay Méndez que usou o procedemento de cesión de dereitos:

 

Da revisión e actualización do traballo de Clara Cristela Rodríguez, Manuel Alonso e Marta Coria para o Plan Proxecta:

 

Da revisión e actualización do traballo de Cristina González Treceño obxecto dunha licenza no curso 2014/15:

 

Das secuencias didácticas de matemáticas para o alumnado e profesorado de 5º de EP de José Alberto Armada Rodríguez realizadas nunha licenza de formación no curso 2014/15:

 

Actualización das aulas virtuais de Moodle 1.9 a 2.6 con acceso a copias de seguridade para restaurar na aula virtual moodle dos centros en ambas versións:

 

Da licenza de formación de Adela Mirás Calvo no curso 2014/15:

 

Aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.