O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 29/05/2012

Abalar: Nova actualización do repositorio de contidos do espazoAbalar

O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de 47 novos contidos educativos en formato dixital, procedentes de materiais migrados do anterior portal de contidos e, especialmente, de docentes que comparten as súas producións seguindo o procedemento aberto dentro do espazoAbalar. Desta forma, fan que este repositorio medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.052 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas. Proximamente incluirase unha nova selección de materiais creados por docentes en diferentes cursos de ferramentas de autor realizados neste curso 2011/12 dentro da oferta formativa do Platega.

Os novos recursos publicados por orde alfabética son os seguintes:

 

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.