O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 31/10/2018

E-Dixgal: Nova utilidade no EVA para gardar exercicios nos contidos da editorial Netex

Coa finalidade de facilitar a usabilidade no Entorno Virtual de Aprendizaxe online do proxecto E-Dixgal, incorporouse unha nova utilidade nas unidades didácticas da Editorial Netex que permite gardar os exercicios realizados sen ter que esperar a pechar a ventá.

Esta funcionalidade, desenvolta polo equipo de técnico da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA),  permítelle ao alumnado conservar os avances a medida que van realizando os exercicios e así evitar que lle queden sen gardar se perde a conexión á rede, se pecha o ordenador...