O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 05/03/2013

Abalar: Novas actualizacións na maqueta do equipamento Abalar

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) ven de actualizar a maqueta do equipamento Abalar. Trátase dunha actualización transferida aos servidores dos Centros Educativos Dixitais que actuarán de xeito automático e desatendido sobre os equipos portátiles e ultraportátiles do centro, actualizando a versión dalgunhas aplicacións, corrixindo incidencias, e efectuando melloras no propio sistema.

Todas estas actualizacións son automáticas e desatendidas, polo que non e necesaria a intervención dos docentes nin dos coordinadores Abalar. De todas formas, para que conclúa o proceso é necesario polo menos un reinicio, polo que dependendo do tipo de uso que se realice dos equipos, ditas actualizacións poden  tardar varios días en ser efectivas.

  As aplicacións a actualizar son:

·         Actualización de Ardora á versión 6.3

·         Actualización de Edilim á versión 4.1

·         Actualización de Geogebra á versión 4

·         Implantación do protocolo samba para a compartición de arquivos

·         Instalación de MyPaint

·         Eliminación de SIGALA e iTALC

·         Instalación de OpenSankoré

As incidencias nas aplicacións resoltas son:

·         Resolución da incidencia asociada a Musescore, que non reproducía as partituras

·         Solución de incidencia que afecta ao eXeLearning nos ultraportátiles de Fase III

·         Solución dunha incidencia asociada ao VLC

As actualizacións no sistema son:

·         Actualización a kernel 3.2.0-0.bpo.4-686-pae en todo o equipamento.

·         Substitución do WICD polo network-manager (xestor de conexións).

·         Eliminación de chequeos de disco ao inicio que facía que cada 32 reinicios o equipo tardara en arrancar.

As incidencias no sistemas resoltas son:

·         Solución ao problema da hora dos equipos (algúns amosaban mal a hora) que en determinadas situacións afecta a actualizacións dos mesmos.

Pódese obter máis información nos grupos de "Coordinadores Abalar dos centros educativos" e de "Consolidación Software Abalar" dentro da rede social do profesorado Redeiras.