O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 23/01/2014

Abalar: Novas actualizacións na maqueta do equipamento Abalar

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de actualizar a maqueta do equipamento Abalar. Trátase dunha actualización transferida aos servidores dos Centros Educativos Dixitais que actuarán de xeito automático sobre os equipos portátiles e ultraportátiles do centro.
 
Todas estas actualizacións son desatendidas, polo que non é necesaria a intervención dos docentes nin dos coordinadores Abalar.
 
O deseño técnico do Proxecto Abalar aborda diferentes elementos de infraestrutura técnica, como son:
 
  • O deseño dunha estrutura estandarizada de rede.
  • O deseño dunha infraestrutura de sistemas que, a través do servidor de centro, xera a denominada "Intranet de Centro Educativo Dixital"
  • O deseño dun modelo de soporte de software para o equipamento do proxecto
 
Concretamente, dentro deste último aspecto creouse, xa desde o inicio do Proxecto, unha estrutura de xestión de software centralizado que a día de hoxe continúa evolucionando. Esta pretende favorecer, por un lado, o correcto estado de actualización do equipamento, e por outra parte, pretende descargar aos docentes de labores de soporte técnico que habitualmente viñan facendo os coordinadores TIC, como pode ser a instalación de software, limpeza de virus, etc. 
 
Deste xeito, a definición da configuración do equipamento é un proceso compartido e consensuado entre os equipos técnicos, os equipos de asesores e os propios docentes. Así, no proceso de constante mellora destas configuracións, actualmente estanse enviando aos centros educativos novas actualizacións na maqueta Abalar, como son:
 
  • A dispoñibilidade do software LibreCAD nos equipos de alumno
  • A actualización da información contida na ventá "Acerca de Abalar". Situada no menú "Sistema" do equipamento facilita os procesos de soporte técnico.
  • A indicación de versión de maqueta situada no fondo de escritorio. Ata agora as versións das maquetas seguían un criterio puramente técnico, mudamos isto para seguir o versionado seguindo a versión conxunta do proxecto, así debera situarse agora na versión 4.0.
  • Integración de novo hardware soportado pola maqueta actual. 
  • Reactivación do software Marble para o debuxo de mapas e a súa obtención de fontes online como OpenStreetMaps.
Pódese obter máis información sobre estes procesos accedendo á Aula Virtual Aberta Abalar ou á documentación na Wiki Abalar. Ademáis, para realizar consultas ou facer propostas está a disposición dos docentes un grupo na rede social do profesorado Redeiras: "Consolidación Software Abalar".