O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 09/01/2013

Abalar: Novas funcionalidades e melloras na rede social Redeiras

A rede social do profesorado Redeiras (https://www.edu.xunta.es/redeiras), que xa conta con máis de 6.500 usuarios rexistrados, presenta unha nova actualización que incorpora melloras no seu rendemento e funcionamento interno, así como tres novas funcionalidades que complementan e amplían as posibilidades de xestión dos grupos e a relación entre os usuarios.

As novas funcionalidades implementadas recentemente son:

Subgrupos

Esta nova característica, permítelle aos creadores dos grupos a creación de subgrupos dentro de cada grupo, sen límite de subniveis, posibilitando así unha organización máis estruturada dos contidos e da actividade de cada grupo.

Grupos relacionados

Con esta nova funcionalidade é posible relacionar grupos que teñen algún tipo de afinidade, de maneira que os usuarios poden relacionar os grupos creados por eles mesmos con outros grupos da rede social que teñan unha temática similar ou características afíns.

Cando o creador dun grupo establece relacións con outros grupos, créase de forma automática un novo menú dentro do propio grupo que mostra un listado dos grupos relacionados con el, incluíndo un enlace directo a cada un dos grupos relacionados.

Amigos suxeridos

A opción de amigos suxeridos preséntalle a cada usuario un listado de posibles novos amigos, en función das relacións de amizade con outros usuarios da rede (amigos en común) ou das coincidencias nas preferencias dos grupos aos que pertencen.

Pode acceder a Redeiras na seguinte URL http://www.edu.xunta.es/redeiras

 

 

 

Se ten algunha dúbida sobre como acceder, no seguinte videotitorial poderá coñecer o procedemento de acceso, que é similar ao de calquera outra aplicación da Consellería ou ao do correo @edu.xunta.es

See video