ACTUALIDADE DO PROXECTO
25/09/2013
A rede social do profesorado Redeiras (
https://www.edu.xunta.es/redeiras), que na actualidade conta con máis de 7.500 usuarios rexistrados, ven de actualizarse cunha nova versión que incorpora novas funcionalidades, así como melloras no núcleo da plataforma que optimizan o seu funcionamento xeral.
As funcionalidades máis significativas que se incorporan son:
Con esta actualización introdúcese un novo editor de texto, que sustitúe ao existente, optimizado para o seu funcionamento con dispositivos móbiles e cun novo deseño máis sinxelo, máis práctico e máis agradable.
Incorpórase un novo bloque á páxina principal de Redeiras, denominado "Novos membros", onde se mostran os avatares dos 10 últimos usuarios que personalizaron o seu avatar por primeira vez.
- Nova funcionalidade: "Eventos"
Con este novo módulo, por un lado, tanto os usuarios como os grupos poden programar e publicar os seus propios eventos coa posibilidade de xestionar integramente desde a plataforma as altas e baixas de asistentes, relatores e organizadores de cada un dos eventos. Por outra parte, este módulo vai permitir tamén a publicación do programa diario de cada evento, a xestión íntegra de lugares de celebración, espazos para os distintos relatorios, a xestión automática de prazas dispoñibles e as listas de espera.
Así mesmo, esta nova versión incorpora melloras no funcionamento doutros módulos como a xestión de vídeos e a xestión de ficheiros e carpetas, de xeito que tanto os usuarios individuais como os grupos de Redeiras disfrutarán dunha mellora no funcionamento xeral da rede social do profesorado galego.
Videotitorial de acceso a Redeiras: