O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 09/06/2011

Abalar: Novo espazo temático para a creación de contidos dixitais

Coa intención de ofrecer ao profesorado documentación, titoriais e enderezos de interese respecto á creación de contidos educativos dixitais, a súa  difusión e reusabilidade, ábrese un espazo temático onde atoparedes información sobre formatos dixitais, ferramentas de creación, dereitos de autor e dereito de cita, ferramentas de empaquetado e catalogación de obxectos dixitais educativos, normas de accesibilidade e repositorios de recursos.

 
 
Na actualidade, Internet está a sufrir unha revolución comparable á do seu nacemento e caracterizada porque agora son os usuarios, sen necesidade de grandes coñecementos técnicos, os que están a crear a web de forma colaboradora, grazas as ferramentas que permiten compartir direccións de páxinas web, sindicar contidos, crear podcasts, almacenar e compartir arquivos de todo tipo, crear blogs ou páxinas web de forma doada e rápida ou mesmo dispoñer dun completo sistema operativo online. E todo iso facendo uso de potentes aplicacións gratuítas de doado uso que non precisan realizar ningunha instalación no ordenador, válidas para calquera sistema operativo e accesibles dende calquera lugar.
 
Son aplicacións que melloran a medida que máis usuarios as utilizan e que poden converterse no medio ideal para intercambiar experiencias con compañeiros e compañeiras ou para traballar co noso alumnado en ámbitos colaboradores.
 
En moitos casos, resulta difícil para os docentes acceder a recursos que poidan utilizar na súa actividade diaria. Así mesmo pode resultar complexo entender cal é a mellor forma de compartir un determinado traballo con outros e á vez reservar para nós algúns dos nosos dereitos. Ou mesmo familiarizarse co vocabulario e a estrutura dos obxectos que se atopan en diferentes repositorios para que o profesorado poida adaptalo ás necesidades do seu alumnado.

 
 
 
 
Para acceder a este novo espazo podedes premer na seguinte icona
 
(tamén atoparedes esta icona na parte inferior da web do noso Portal Educativo)