O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 25/02/2013

Abalar: Novo prazo de solicitude para o Plan Navega con Rumbo

O Plan Navega con Rumbo é unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais. Asi mesmo, pretende a implicación do profesorado e das familias neste proceso, facéndoos partícipes destas recomendacións.

No 3º trimestre do curso vanse impartir unhas 45 sesións da III edición do Plan Navega con Rumbo. Poden participar neste programa os centros públicos da rede Abalar que non recibisen ditas charlas este curso nin nalgunha das dúas edicións anteriores. Os centros interesados deben enviar un correo electrónico ao enderezo abalar.navegaconrumbo@edu.xunta.es antes do sábado 2 de marzo indicando os datos da persoa de contacto (nome, cargo, teléfono, correo electrónico) e indicando o seu interese en participar neste programa.