O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 24/02/2012

Abalar: O impreso de pago do servizo de comedor xa se pode descargar desde espazoAbalar

Continuando coa ampliación de funcionalidades dentro do espazoAbalar, desde este mes de febreiro, os responsables do alumnado usuario do servizo de comedor escolar que teñan a obriga de abonalo, poderán descargarse o impreso de pago directamente desde este portal.

Procedendo deste xeito, as familias poderán evitarse desprazamentos aos centros educativos para retirar o devandito impreso, ao tempo que o persoal dos mesmos verá reducida a súa carga de tarefas administrativas.

A curto prazo, evitarase tamén o desprazamento, aínda necesario actualmente, para a entrega no centro do xustificante de pago, xa que está previsto que desde o portal espazoAbalar sexa posible a realización de pagos telemáticos, encargándose a propia aplicación de facer chegar a xustificación ao centro.

Neste vídeo atopará unha explicación, completa e polo miúdo, dos pasos a seguir para a obtención do impreso indicado.

 

See video