O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 24/04/2013

Abalar: O Proxecto Silandeira/Silandeira Project xa está dispoñible no repositorio do espazoAbalar

Os docentes Mónica Obelleiro Pérez e Iván Prieto Lage crearon, durante unha licenza de formación no curso 2011/2012, quince unidades bilingües en galego e inglés: o Proxecto Silandeira/Silandeira Project.

Este material está destinado ao alumnado de 5º curso de educación primaria que curse a área de coñecemento do medio, en lingua galega ou en inglés, na Comunidade autónoma de Galicia.

A proposta está inmersa nos principios do novo modelo educativo dixital e os valores do plurilingüísmo, ofrecendo a posibilidade de abordar estes contidos desde unha perspectiva global, interactiva e bilingüe.

O material curricular dixital elaborado preséntase en formato de libros EdiLIM, co propósito de que os diversos profesionais do ámbito educativo poidan integralo en blogues de aulas ou para traballar directamente de forma offline.

Conta cun total de catro libros LIM por cada unha das unidades coa seguinte estruturación:

  • Libro de actividades en lingua galega. Deseñado para o reforzo e ampliación da unidade didáctica traballada en clase. Estes libros contan con 25-40 actividades.

 

  • Libro de avaliación en lingua galega. Deseñado para comprobar se se cumpriron os obxectivos previstos. Estes libros contan con 15-20 actividades.

 

  • Libro de actividades en lingua inglesa (Activity book).

 

  • Libro de avaliación en lingua inglesa (Evaluation book).

 

En galego:

Proxecto Silandeira: A Idade Antiga

Proxecto Silandeira: A Idade Media

Proxecto Silandeira: A materia e a enerxía

Proxecto Silandeira: A poboación e a economía de España e de Galicia

Proxecto Silandeira: A prehistoria

Proxecto Silandeira: Animais

Proxecto Silandeira: As institucións de España e de Galicia

Proxecto Silandeira: As plantas

Proxecto Silandeira: Ecosistemas

Proxecto Silandeira: Forzas e máquinas

Proxecto Silandeira: Hidrografía de España e de Galicia

Proxecto Silandeira: O clima de España e Galicia

Proxecto Silandeira: O relevo de España e Galicia

Proxecto Silandeira: O Universo e a Terra

Proxecto Silandeira: Seres vivos

 

En Inglés:

Silandeira Project: Animals

Silandeira Project: Climate

Silandeira Project: Ecosystems

Silandeira Project: Forces and machines

Silandeira Project: Hidrography

Silandeira Project: Institutions

Silandeira Project: Living things

Silandeira Project: Matter and energy

Silandeira Project: Middle Ages

Silandeira Project: Old Age

Silandeira Project: Plants

Silandeira Project: Population and economy

Silandeira Project: Prehistory

Silandeira Project: Relief

Silandeira Project: Universe and Earth