O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 14/05/2013

Abalar: O repositorio de contidos do espazoAbalar incrementouse en 41 novos recursos educativos

O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de 33 novos contidos educativos en formato dixital, baseados en distintas tecnoloxías, e a actualización de 8 recursos xa publicados con anterioridade.

Con esta nova entrega, alcánzanse os 1.388 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.

Nesta ocasión os traballos proceden fundamentalmente:

  • Das licenzas de formación de Manuel Rico Taboada, José Antonio Ramos Escudero, Ramón Rocamonde Gómez, Eduardo Rodríguez Machado, Laura Rodríguez Tato, Sonia Romero Cal, Gabriel de Paz Urueña e Manuel Amable Romero Pérez realizadas durante o curso 2011/2012.
  • Dos traballos feitos polos docentes: Mª Concepción Arias Neira, Mª Encarnación Nieto Pazos, Alejandro Martínez López, Mª Mar Lorenzo Núñez, Nani Lima e José Manuel Blanco Guimarey que utilizaron o procedemento de cesión de dereitos.
  • De dous ODES feitos con exelearning procedentes do CEDEC (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios).
  • A corrección e ampliación de 8 ODEs procedentes da licenza de formación de José Antonio Cartelle Cudilleiro.

Os novos recursos recursos publicados son os seguintes:

 Título  Descrición  Nivel educativo 

A perspectiva cónica oblicua

Introdución e fundamentos da representación do espazo e dos volumes co uso da perspectiva cónica
oblicua.

Autor: Manuel Amable Romero Pérez 

1º de ESO

A representación do espazo e dos volumes

Introdución e fundamentos da representación do espazo e dos volumes co uso da perspectiva cónica.

Autor: Manuel Amable Romero Pérez 

1º de ESO

A perspectiva cónica central

Introdución e fundamentos da representación do espazo e dos volumes co uso da perspectiva cónica central.

Autor: Manuel Amable Romero Pérez 

1º de ESO

A paisaxe construída

Esta unidade propón aos alumnos a análise da nosa paisaxe rural e urbana, tanto dende o punto de vista da percepción das súas formas e volumes, como da busqueda dos medios e métodos de reprodución e debuxo
das formas naturais e construídas que a conforman.

Autor: Manuel Amable Romero Pérez 

1º de ESO

La lengua castellana en el periódico

Este ODE pretende fomentar o uso
do xornal como recurso educativo e achegar este medio de comunicación
ao alumnado.
Consiste nunha presentación na que tres personaxes introducen os contidos de lingua castelá facendo uso do xornal e rematando cunha batería de actividades a xeito de avaliación.
Autora: Sonia Romero Cal 
5º de Primaria          

Guía para a creación de materiais educativos interactivos

Guía que contén un conxunto de especificacións para a creación de contido educativo dixital (metodoloxía baseada en tarefas interdisciplinares, uso de ferramentas de software libre,...)

Autores: Antonio Monje Fernández, Miguel Ángel Pereira Baz e Guadalupe Ramos Molina (CeDeC) 

Todos os niveis

Estadística

Unidade didáctica sobre cuestións estatísticas para 3º da ESO: poboación, mostra, tipos de datos, agrupamentos, frecuencias, marca de clase, gráficas de barras, gráfica de sectores, histograma, media, moda, mediana, cuartil, percentil, dispersión, percorrido ou amplitude de rango, desviación típica, parámetros de posición, experimentos aleatorios, sucesos, e operacións con sucesos.

Autores: CeDeC 

3º de ESO

Os xéneros literarios

Información e actividades sobre os xéneros literarios (feitas coa ferramenta Constructor).

Autora: Laura Rodríguez Tato 

1º de ESO

El deporte es salud

Dieta e alimentación relacionada coa actividade física: alimentación sa e equilibrada; alimentos enerxéticos, plásticos, reguladores e mixtos; a hidratación antes, durante e despois da actividade física; composición e equilibrio da dieta,...

Autor: Eduardo Rodríguez Machado 

5º de Primaria

Los juegos olímpicos

Os Xogos Olímpicos: Historia, organización, distintas modalidades deportivas, normas,…

Autor: Eduardo Rodríguez Machado 

5º de Primaria

O corpo humano

Estudo fisiolóxico do corpo humano e a súa relación coa actividade física.

Autor: Eduardo Rodríguez Machado 

5º de Primaria

Webquest de baloncesto

Webquest con actividades dirixidas ao 3º Ciclo de Educación Primaria, a alumnos e alumnas que se están a iniciar no deporte de baloncesto.

Autor: Eduardo Rodríguez Machado 

5º de Primaria

El calentamiento y las aptitudes físicas

Paquete de actividades Ardora para traballar o quecemento e as capacidades físicas básicas (resistencia, forza, velocidade e flexibilidade).

Autor: Eduardo Rodríguez Machado 

6º de Primaria

Webquest de fútbol

Webquest con actividades dirixidas ao 3º Ciclo de Educación Primaria, a alumnos e alumnas que precisen profundizar no deporte de fútbol.

Autor: Eduardo Rodríguez Machado 

5º de Primaria

Os xogos populares

Web cunha recompilación de información sobre xogos e deportes populares, autóctonos e tradicionais de Galicia e a práctica de estes.

Autor: Eduardo Rodríguez Machado 

4º de Primaria

O retrato

Esta secuencia didáctica ten como eixo central o retrato. Arredor del trabállanse contidos relacionados coa descrición e as características lingüísticas dos textos descritivos.

Autor: Ramón Rocamonde Gómez 

1º de ESO

A noticia

Esta secuencia didáctica ten como eixo central a noticia. Arredor dela trabállanse contidos relacionados coa narración e as características lingüísticas dos textos
narrativos.

Autor: Ramón Rocamonde Gómez 

1º de ESO

loloKarolo

Ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes

Autor: Consellería de Cultura, Educación e O.U 

5º de Primaria

Actividades con OpenShot

Curso con nove actividades guiadas e unha actividade final sobre OpenShot Video Editor: un editor de vídeo gratuíto e fácil de usar para a plataforma GNU/Linux.

Autor: José Manuel Blanco Guimarey 

4º de ESO

Italia: Italia está no mundo!

Cuarto xogo para dous participantes do "Proyecto Italia" con 120 preguntas: 30 preguntas están redactadas en Inglés, 30 en español, 30 en galego e 30 en italiano. Nalgunhas das preguntas, o xogo permite utilizar a opción de Axuda clicando nas WWW do marco das mesmas.

Autor: José Antonio Ramos Escudero 

4º de ESO

Italia: What do you know about Italy?

Primeiro xogo para dous participantes do "Proyecto Italia". 10 preguntas están redactadas en Inglés, 10 en español, 10 en galego e 10 en italiano. O xogo permite utilizar a opción de Axuda clicando nas WWW do marco das preguntas.

Autor: José Antonio Ramos Escudero 

4º de ESO

Italia: Roma

Segundo xogo para dous participantes do "Proyecto Italia". 10 preguntas están redactadas en Inglés, 10 en español, 10 en galego e 10 en italiano. O xogo permite utilizar a opción de Axuda clicando nas WWW do marco das preguntas.

Autor: José Antonio Ramos Escudero 

4º de ESO

Italia: Geografia e storia

Terceiro xogo para dous participantes do "Proyecto Italia". 10 preguntas están redactadas en Inglés, 10 en español, 10 en galego e 10 en italiano. O xogo permite utilizar a opción de Axuda clicando nas WWW do marco das preguntas.

Autor: José Antonio Ramos Escudero 

4º de ESO

Farmacia de garda

Utilidade para que os nenos e nenas de infantil recoñezan os produtos que se venden nunha farmacia.

Autora: Nani Lima

4º de Infantil

Materiais online de Educación Plástica

Esta páxina Web está organizada a partires dun menú básico coas distintas actividades, agrupadas en
áreas temáticas, como poden ser o punto, a liña, o plano, a cor, a percepción,...
Está en galego e castelán.

Autora: Gabriel de Paz Urueña 

1º de ESO

Make your own hand

O obxectivo de este ODE é familiarizarse co vocabulario propio da materia de EPV tanto nas linguas oficiais como na lingua extranxeira(Inglés), producindo mensaxes orais e escritas.

Autor: Francisco Otero Janeiro 

4º de ESO

Actividades de matemáticas para a PDI

Banco de actividades para a PDI feitas co programa Smart Notebook para a área de matemáticas en primaria. Inclúe videos explicativos.

Autor: Manuel Rico Taboada

5º de Primaria

Roberto Vidal Bolaño

O obxectivo de este contido é que o alumnado se achegue á figura deste dramaturgo, actor, director...que tanto defendeu a nosa lingua e homenaxeamos no Día das Letras galegas 2013.
Inclúe libro instalable na aula virtual Moodle como zip, IMS ou paquete SCORM e tamén un cuestionario.

Autora: Mª del Mar Lorenzo Núñez 

5º de Primaria

Os xogos olímpicos

Actividade para traballar aspectos relacionados co olimpismo: o significado, historia, cidades olímpicas, simboloxía, olímpicos galegos, xogos paralímpicos, mascotas, curiosidades,...

Autor: Alejandro Martínez López 

5º de Primaria

Unha tarde de verán

Historia creada e contada polos alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe A Magdalena de As Pontes. Interesante para traballar no 1º ciclo de primaria.

Autora: Mª Concepción Arias Neira 

2º de Primaria

Pimpinela

Historia contada polos alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe A Magdalena de As Pontes a partires da obra de Castelao "Os vellos non deben de namorarse".

Autora: Mª Concepción Arias Neira

6º de Primaria

Literatura medieval

Actividades para traballar e repasar os contidos referidos á Literatura medieval de 1º de Bacharelato.

Autora: Mª Encarnación Nieto Pazos 

1º de Bacharelato

Nesta actualización incluíronse tamén ODEs modificados e coas claves das respostas (van incluidas no zip de descarga) do traballo de José Antonio Cartelle Cudilleiro durante a súa licenza de formación, con unidades didácticas en inglés sobre cuestións culturais de EEUU, Irlanda e Reino Unido:

 

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.