O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 03/10/2012

Abalar: O repositorio de contidos do espazoAbalar reinicia a súa actividade neste novo curso 2012/2013

O repositorio de contidos do espazoAbalar reinicia a súa actividade O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de 11 novos contidos educativos en formato dixital, realizados con distintas ferramentas de autor e baseados en distintas tecnoloxías.

Desta forma, fan que esta ferramenta medre continuamente e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.109 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas. 

 
Entre as novas incorporacións cabe salientar unha Unidade didáctica interactiva para primaria e outra para secundaria que forma parte das actividades conmemorativas do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Ambas as dúas, cunha mesma estrutura e metodoloxía, repasan a vida e obra do poeta celanovés a través de seis etapas vitais diferentes, con textos descritivos e propostas de actividades lúdicas interactivas que os introducen tamén na súa creación poética. No desenvolvemento destas actividades os participantes acceden a fotografías do autor, aos seus textos orixinais e mesmo á voz de Celso Emilio recitando os poemas da súa autoría. 
 
Contamos tamén, por un lado, con dúas unidades sobre primeiros auxilios en accidentes máis frecuentes nun taller de automoción e, por outra parte, sobre riscos laborais traducidos ao galego e feitos dentro do programa Arce. Por último salientar o agradecemento a Manuel Guerrero Gómez pola autorización para publicar algúns dos seus libros LIM neste repositorio.
 
Os recursos publicados son os seguintes:
 
Título Descrición Nivel educativo
Unidade didática Celso Emilio Ferreiro (Primaria)
Esta unidade didáctica forma parte das actividades conmemorativas do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro.
Na súa parte lúdica, está integrada por tres tipoloxías de xogos: chuvias de palabras, dameiros e cuestionarios.
Inclúe material de apoio. 
6º Curso Educación Primaria 
Unidade didática Celso Emilio Ferreiro (Secundaria)
Esta unidade didáctica forma parte das actividades conmemorativas do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro.
Na súa parte lúdica, está integrada por tres tipoloxías de xogos: chuvias de palabras, dameiros e cuestionarios.
Inclúe material de apoio. 
2º Curso Eduación Secundaria
Primeiros auxilios dos accidentes máis frecuentes nun taller de automoción Unidade didáctica para traballar técnicas de emerxencia e RCP, hemorraxias, traumatismos, queimaduras, intoxicacións, lesións oculares,... Inclúe test de autoavaliación.
Ciclos Formativos 
 
Riscos Laborais
Unidade didáctica para traballar posibles perigos que poden aparecer nun taller de reparación de vehículos e as accións preventivas que melloran a súa seguridade. . 
 
Ciclos Formativos
Mapa de turismo de proximidade Mapa con puntos de interese da nosa Comunidade para facer escapadas de fin de semana. Está en proceso de evolución e actualmente incorpora a localización dun grande número de mámoas e castros. 1º Curso Educación Secundaria  
Test de ximnasia artística Este obxecto ofrece un listado de cuestións pechadas de opción múltiple para a avaliación de coñecementos relacionados co deporte individual da ximnasia artística.  2º Curso Educación Secundaria
Tras los pasos de Indiana Jones Libro LIM para traballar os textos xornalísticos de información e opinión. O fío condutor será o famoso arqueólogo Indiana Jones quen, tras un tempo desaparecido da vida pública, foi contratado como asesor polo goberno exipcio. Autor: Manuel Guerrero Gómez 1º Curso Educación Secundaria

Alfonso X, “el Sabio”

Alfonso X, rei de Castela e León, foi un personaxe clave na cultura da Idade Media española polo enorme impulso que lle deu á Escola de Tradutores de Toledo. Este breve libro interactivo multimedia inclúe un par de documentais dunha serie de TVE titulada "Historia de España". Autor: Manuel Guerrero Gómez 2º Curso Educación Secundaria
Etapas de la literatura española Este libro presenta, de maneira resumida, todas as etapas polas que pasou a literatura española dende os seus inicios ata a actualidade, incluíndo os autores máis destacados en cada unha de elas. Autor: Manuel Guerrero Gómez 1º Curso Bacharelato 
A atmosfera Completo libro sobre a atmosfera: concepto, estrutura, funcións, ciclo da auga, o tempo, medición da temperatura,... O zip inclúe ademáis a presentación en powerpoint con todo o material. 1º Curso Educación Secundaria
Tempus fugit Tempus fugit é un paquete de táboas cronolóxicas e actividades ou xogos deseñados para facilitarlle ao alumnado a adquisición dun esquema temporal da Filosofía, da Ciencia, da Economía, da Historia, da Literatura, da Arte e da Música.  1º Curso Bacharelato
 
Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.