O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 14/03/2014

Abalar: O repositorio de contidos do portal espazoAbalar incrementouse en 32 novas referencias

O repositorio do espazo abalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 32 novos contidos educativos en formato dixital. Coa nova actualización alcánzanse os 2.086 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.

Os traballos proceden fundamentalmente:

  • Das Propostas didácticas do curso en rede: As ferramentas TIC na área de Educación Física (Edición 2013)
  • Dos materiais lexislativos sobre atención á diversidade, o aneae e a función orientadora de Alicia Guerrero Seijas.
  • Da Unidade didáctica baseada na película "A pesar de todo, quérote" elaborada pola Consellería de Cultura, Educación e OU. Adivina Producciones e TVG .
  • Das licenzas de formación durante o curso 2011/2012 de: Juan Carlos Ferro Pozo, Xoán Manuel Garrido Vilariño e María Pardo Fernández.
  • Das licenzas de formación durante o curso 2012/2013 de: Xoán Carlos Garrido Couceiro, José Manuel Bouzán Matanza, Nuria Feijoo Álvarez , Laura Eiroa Calvo e Elena Pardo Antequera.
  • De recursos de docentes que empregaron o procedemento de cesión de dereitos para compartir os seus materiais (Carlos Sever – Divertimentos de EF para 1º da ESO).
  • De traballos realizados na convocatoria "Piale 2012"

 

Os recursos publicados son os seguintes:

 Título  Descrición  Nivel educativo 

A pesar de todo, quérote

Aula virtual que inclúe en streaming o telefilme “A pesar de todo, quérote” do director Jorge Algora, e unha unidade didáctica con propostas de traballo baseadas na película sobre educación viaria, educación emocional e educación para a saúde. Autores: Consellería de Cultura, Educación e OU. Adivina Producciones e TVG

4º ESO

The Farm

Actividade interactiva en inglés sobre vocabulario relacionado coa granxa. Autores: Cristina Currás López e outros

6º Educación Infantil

Educación fisica e TICs

Propostas de uso das TIC
na aula de EF. Autores: Mercedes Jara e outros
Primaria

English around the world

A partires da cultura propia dos países de fala inglesa, ensinaráselles aos nenos e nenas contidos propios da materia de inglés en 6º de primaria. O proxecto divídese en catro Unidades didácticas. Autora: Nuria Feijóo Álvarez

6º Primaria

La dislexia: Intervención en las alteraciones de la lectura (castelán)

Actividades para traballar as dificultades coa lectura. Son exercicios divertidos, que van axudar a mellorar o ritmo de lectura. O tema central destas actividades son os animais. Autora: Laura Eiroa Calvo

2º Primaria

A dislexia: Intervención nas alteracións da lectura (galego)

Unidade didáctica sobre o tema do “Magosto en Galicia”: A castaña como alimento básico, a súa importancia histórica; variedades segundo a calidade ou tamaño; a tradición , costumes e celebración do magosto; o seu significado,...  6º Primaria

Picasso: Un neno pintor na Coruña

Este material curricular dixital interactivo pretende achegar ao alumnado galego a figura de Picasso na súa adolescencia galega, nos anos que o incipiente artista pasou na Coruña, desde 1891 a 1895. Autora: Elena Pardo Antequera

4º ESO

A calor

Unidade didáctica globalizada/interdisciplinar. Abrangue contidos propios das áreas de Coñecemento do Medio, Matemáticas, Lingua galega, castelá e inglesa así como conceptos máis propios de temas transversais como o traballo en equipo. Autor: José Manuel Bouzán Matanza

5º Primaria

A enerxía

Unidade didáctica globalizada/interdisciplinar. Abrangue contidos propios das áreas de Coñecemento do Medio, Matemáticas, Lingua galega, castelá e inglesa así como conceptos máis propios de temas transversais como o traballo en equipo. Autor: José Manuel Bouzán Matanza

5º Primaria

As máquinas

 Unidade didáctica globalizada/interdisciplinar. Abrangue contidos propios das áreas de Coñecemento do Medio, Matemáticas, Lingua galega, castelá e inglesa así como conceptos máis propios de temas transversais como o traballo en equipo. Autor: José Manuel Bouzán Matanza

5º Primaria

A hominización e humanización

Segunda unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema das orixes do home. Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro

1º ESO

A Prehistoria

Terceira unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema da Prehistoria: Paleolítico e Neolítico.  Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro

1º ESO

A Terra e os medios naturais

Primeira unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema do Universo, Sistema solar, planetas, capas da Terra, augas mariñas... Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro

1º ESO

As primeiras civilizacións

Cuarta unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema das Primeiras Civilizacións: Mesopotamia, Exipto, Creta, Fenicios e Hebreos. Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro 1º ESO

Filosofía antiga

Novena unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda as orixes da filosofía (o mundo grego). Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro

1º Bacharelato

Filosofía Contemporánea

Segunda unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema das orixes do home Doceava unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema do Pensamento Contemporáneo: da Revolución Francesa á Rusa. Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro
1º Bacharelato

Filosofía medieval

Décima unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema da Filosofía Medieval: da Patrística á Escolástica (Neoplatonismo, Tomistas...)  Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro
1º Bacharelato

Filosofía moderna

Onceava unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema do Pensamento moderno: do Renacemento á Ilustración. Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro

1º Bacharelato

Galego-on: curso interactivo de lingua para 1º de ESO

Curso de lingua galega on-line, destinado ao alumnado de 1º curso de ESO, que recolle o currículo desta materia no ámbito de estudo e reflexión sobre a lingua neste nivel e nesta etapa educativa mediante exercicios interactivos. Autores: Xoán Manuel Garrido Vilariño e María Pardo Fernández

1º ESO

Grecia

Quinta unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema do mundo grego: Expansión da colonización grega da época arcaica, Esparta, Atenas, organización política, polis, arquitectura... Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro

1º ESO

Identidade sexual e relacións interpersoais

Sétima unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema da identidade sexual e relacións interpersoais: reprodución, métodos anticonceptivos, dimorfismo sexual, VIH. Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro

1º ESO

Os Dereitos humanos

Oitava unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema dos Dereitos humanos: recoñecemento, características, xeracións dos Dereitos humanos. 1º da ESO. Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro

1º ESO

Roma

Sexta unidade do proxecto "12 unidades de filosofía" no que se aborda o tema de Roma: expansión, a Monarquía, a República, o Imperio, estrutura social... Autor: Xoán Carlos Garrido Couceiro

1º ESO

Educación Física - 1º ESO

Aula virtual con materiais para traballar a materia de Educación Física en 1º da ESO. Inclúe copia para restaurar o curso na plataforma Moodle. Autor: Juan Carlos Ferro Pozo

1º ESO

Educación Física - 2º ESO

Aula virtual con materiais para traballar a materia de Educación Física en 2º da ESO. Inclúe copia para restaurar o curso na plataforma Moodle. Autor: Juan Carlos Ferro Pozo

2 ESO

Lectura labial (versión corrixida en galego)

Lectura Labial é un programa de adestramento en labiolectura para persoas con discapacidade auditiva pre o post-locutiva. Autora: Fátima Mª García Doval

5º Primaria

Lectura labial (versión corrrixida en castelán)

Lectura Labial é un programa de adestramento en labiolectura para persoas con discapacidade auditiva pre o post-locutiva. Autora: Fátima Mª García Doval

5º Primaria

A volta ó mundo en 80 días - Unha aventura dixital para descubrir o planeta Terra e os seus habitantes

Aplicación para afondar nas aprendizaxes da área das ciencias sociais. Consiste nun libro LIM e unha webquest, mediante os que se realiza unha volta ao mundo virtual na que se van poñer en práctica os contidos desta área, demostrando que estas aprendizaxes son útiles na nosa vida diaria.  Autora: Alexandra Cabana Outeiro

1º ESO

Brincando nas letras co deporte

Divertimento para traballar nomes de deportes, obxectos que se utilizan, accións... Autor: Carlos Sever

1º ESO

Deporte a toda letra

Divertimento lúdico con preguntas e respostas sobre o mundo do deporte. Autor: Carlos Sever

1º ESO

Hábitos saudables

Xogo para dous xogadores con preguntas sobre hábitos saudables feito coa ferramenta "Fórmula 20". Autor: Carlos Sever

1º ESO

Xogamos ao golf

Xogo para dous xogadores con preguntas e respostas sobre o xogo do golf creado coas ferramentas do “Proxecto Xogamos?”. Autor: Carlos Sever

1º ESO

 

Lembrar tamén que xa están a disposición as unidades didácticas do Ámbito de Comunicación da Educación Secundaria de Adultos no repositorio de contidos do espazoAbalar

 

Por último, sinalar que segue aberto o protocolo para compartir material educativo segundo o procedemento dentro do espazo abalar: