O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 30/10/2013

Abalar: O repositorio de contidos do portal espazoAbalar incrementouse en 35 novas referencias

O repositorio do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta con 35 novos contidos educativos en formato dixital. Coa nova actualización alcánzanse os 1.986 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.
 
Nesta ocasión os traballos proceden fundamentalmente:
 
  • De docentes que utilizaron o procedemento de cesión de dereitos: José Manuel Míguez Rodríguez, Senén Olano Álvarez, e os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios (coordinador: Benito Gil Martínez ) 
  • Das licenzas de formación durante o curso 2011/2012 de: Claudina Maneiro Arriaga, Xosé Antón García González, Raquel López Rodríguez, Silvia Iglesias González e Mª Concepción Pazo Ferreiro. 
  • De materiais creados no curso "Creación de actividades didácticas en liña con Ardora. Uso didáctico" no curso 2012/2013.
  • De traballos realizados na convocatoria "Piale 2012"

 

Os novos recursos publicados son os seguintes:

 Título  Descrición  Nivel educativo 

A diversidade lingüística no mundo e en España

 

 

Actividades interactivas de Ardora para traballar a diversidade e a riqueza lingüística no mundo, en España e, a través das traducións do Pincipiño, tamén na literatura.

Autor: Ignacio Rodiño Caramés

1º  Bacharelato

Climate and natural landscapes in Spain

Libro Lim para traballar a paisaxe natural e os diferentes climas en España; tamén se tratan a flora e a fauna dis diferentes espazos.

Autores: Pilar Díaz Vázquez e Balduíno Montesino Ventura

3º ESO

Creative painters 3: Description of Paintings

Nesta unidade traballaremos a función de describir, neste caso, describir cadros mediante a estrutura: there is/are....; there isn’t/aren’t....; is/are there...?
Tamén nos centraremos en vocabulario relacionado coas diferentes obras pictóricas.
Autora: Raquel López Rodríguez
 

6º  Primaria

Creative painters 4: Description of Paintings

Nesta unidade en 3 sesións aprenderemos e repasaremos os adxectivos en forma afirmativa e comparativa.
 
Autora: Raquel López Rodríguez

6º  Primaria

 

Debuxo Técnico I

Libro de teoría onde se explica, polo miúdo, a materia de Debuxo Técnico para o curso de 1º de BAC. Consta das seguintes partes: Xeometría Plana, Sistema Diédrico, Sistema axonométrico, Sistema Acoutado, Anotación. O zip de descarga inclúe o pdf co curso.

Autor: Senén Olano Álvarez

1º  Bacharelato       

Debuxo Técnico II

 

Libro de teoría onde se explica, polo miúdo, a materia de Debuxo Técnico para o curso de 2º de BAC. Consta das seguintes partes: Xeometría Plana, Sistema Diédrico, Sistema axonométrico e Sistema Cónico. O zip de descarga inclúe o pdf co curso.

Autor: Senén Olano Álvarez

2º  Bacharelato

Delicius food

 

Unidade didáctica para adquirir vocabulario sobre comida e boa alimentación en Inglés.
 
Autores: M. Nieves Gómez Figueira, Nuria Mª López Fernández, Carmen Rodríguez Feijoo, Montserrat Trillo Toba
 

5º  Primaria

Die Wohnungssuche

Actividades sobre vocabulario en alemán para atopar aloxamento.

Autora: Verónica Mosquera Silva

2º  ESO

DJ Music Project

 
 

 

Obradoiros con actividades interactivas e de manipulación de software musical específico para 2º ESO.

Autora: Claudina Maneiro Arriaga

2º  ESO

E você, como é que é?

 

 

Unidade didáctica para adquirir coñecemento sobre vocabulario do corpo.

Autores: María Montserrat Collazo Trigo (e outros) 

1º  ESO

Easter Crafts

 

Libro LIM para traballar na materia de Plástica e en inglés a celebración da Pascua.

Autores: Raquel Valencia Hermida, Mercedes Cristina Bermejo Rivera e Mª José Gómez Pérez 

4º  Primaria

Espazo da Idade Media galega

 

Aplicación para o estudo dos espazos da Idade Media galega: Dióceses do reino Suevo, principais institucións relixiosas, os mosteiros cistercienses, Ordes mendicantes, os Camiños de Compostela,... No zip de descarga inclúe o ppt.

Autores: Xosé Antón García González

2º ESO

First Time

 

Aprender vocabulario para presentarse en inglés.

Autora: Yolanda Ares González

3º  Primaria

Fitness testing

 

Libro LIM para traballar o fitness na materia de Educación Física: explícanse conceptos como resistencia, flexibilidade, velocidade, forza.

Autora: Mª del Carmen García Fernández 

1º Bacharelato

Galice Moyen Age

Libro LIM en francés sobre Galicia na Idade Media: relación coa Península Ibérica, persoeiros destacados, acontecementos, economía agraria...

Autor: Xosé Antón García González

2º ESO

Galicia na Idade Media

Libro LIM sobre Galicia na Idade Media: relación coa Península Ibérica, persoeiros destacados, acontecementos, economía agraria...

Autor: Xosé Antón García González

2º  ESO

Gas Laws. Kinetic Theory

 

Libro LIM para traballar na clase de Física e Química en inglés a lei xeral dos gases ideais. Tamén se repasan os conceptos de presión, volume, temperatura.

Autora: Nuria Trigueros Añíbarro

3º ESO

How did Celts live?

 

Cuarta unidade do traballo: "Sharing cultures: the Celts". A través da función utilizada para expresar o pasado (“-ed” e algún verbo irregular), traballarase como vivían diariamente os celtas e cales eran os seus costumes.

Autora: Silvia Iglesias González 

6º  Primaria

How did Celts look like?

Segunda unidade do traballo: "Sharing cultures: the Celts". Nesta U.D. traballaremos a función de describir ás persoas a través do uso de “was/were”, os comparativos e vocabulario relacionado coas características físicas, traballando así as diferenzas entre os celtas e nós.  

Autora: Silvia Iglesias González 

6º  Primaria

Israel, o país de Xesús

 

Presentación sobre Israel, país no que se atopan todos os lugares santos nos que se desenvolveron as escenas tanto do AT como do NT. É o nexo de unión non só das tres grandes relixións monoteístas: Cristianismo, Xudaísmo e Islam, senón tamén de tres continentes: Europa, Asia e África.

Autor: José Manuel Míguez Rodríguez

1º  ESO

Life in the ocean project

Adquisición de vocabulario e conceptos básicos sobre a vida mariña e artes gráficas.

Autora: Patricia Lago Martínez  

3º Primaria

Lisboa menina e moça

 

 

Unidade didáctica dirixida a descubrir Lisboa.

Autores: María Almudena Blanco Areas, María Raquel Covacho Mariño, María Dolores Faro Domínguez, Bernarda Rubianes Nogueira, José Carlos Vidal López 

1º Bacharelato

Making choices

Unidade didáctica para a práctica de comunicación en Inglés.

Autores: Elisa Santamarina, Josefa Rey, Anxeles Vidán, Begonia Iglesias, Yolanda Cabana 

4º de ESO

O apóstolo (A película)

Actividade LIM para traballar a película de animación "O Apóstolo" na aula. Permite elexir lingua: en galego ou castelán.

Autores: Alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios (Coordinador: Benito Gil Martínez)

5º Primaria

O valor das cousas

Cinco contos para traballar a educación emocional e en valores. Inclúe ficheiro comprimido para restaurar o curso na plataforma Moodle.

Autora: Mª Concepción Pazo Ferreiro 

1º  ESO

Os traballos e os días: Un calendario da Idade Media

 

Aplicación para o estudo dos traballos e oficios ligados a cada un dos meses do ano na Idade Media. No zip de descarga inclúe o ppt.

Autores: Xosé Antón García González

2º ESO

Paisaxes medievais de Galicia

Aplicación para o estudo das paisaxes medievais en Galicia: recursos naturais, mapas topográficos, extensión dos viñedos, territorio urbano,... No zip de descarga inclúe o ppt.

Autores: Xosé Antón García González

2º ESO

Rumpelstiltskin

 

Actividades de vocabulario inglés sobre o conto de Rumpelstiltskin.

Autores: María Trilla Segura e Montserrat Iglesias Cao

3º  Primaria

Self-Paced Fun

 

Unidade didáctica para Proxecto interdisciplinar e Educación Física.

Autores: Marta Valderrama Botana e Uxío Leira Luaces

1º ESO

Take care of the plants

 

Coidado das plantas en perigo de extinción, vocabulario inglés sobre plantas .

Autores: Lucía San Miguel Briones e Paz Rodríguez Peleteiro

5º  Primaria

Where did Celts live?

Terceira unidade do traballo: "Sharing cultures: the Celts". A través da función “There is/are”, introducirán a función “There was/were” para describir os lugares onde vivían. Utilizarán vocabulario relacionado co que se podía atopar dentro dun castro celta.

Autora: Silvia Iglesias González

6º de Primaria

Who were the Celts? - 1.-Discover Galicia and Scotland!

Esta primeira sesión da primeira unidade do traballo: "Sharing cultures: the Celts" ten o obxectivo de facerlle ver aos nenos e nenas as similitudes entre Escocia e Galicia.

Autora: Silvia Iglesias González

6º de Primaria

Who were the Celts? - 2.-The celtic nations and its culture!

 

Segunda sesión da primeira unidade do traballo: "Sharing cultures: the Celts". Unha vez coñecida Escocia e o que ten en común con Galicia, deberán investigar o motivo .

Autora: Silvia Iglesias González 

6º de Primaria

Who were the Celts? - 3.-Their Gods and legends!

Terceira sesión da primeira unidade do traballo: "Sharing cultures: the Celts". Esta parte céntrase na relixión politeista.

Autora: Silvia Iglesias González

6º de Primaria

Zoon Politikon

Zoon Politikon aborda o estudo do funcionamento do Estado coa finalidade de achegar a política aos estudantes e que estes poidan comprobar como a súa vida cotiá está influida por ela e de que os estimule á súa participación persoal, activa e consciente na vida pública.

Autores: Agustín Carracedo Santos e Gloria Rivas Rodríguez

1º ESO

 

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.