O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 30/04/2012

Abalar: O Repositorio de recursos do espazoAbalar supera os 1.000 contidos educativos

O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de novos contidos educativos en formato dixital.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.006 recursos procedentes dunha selección de premios de contidos dixitais de convocatorias de anos anteriores, traballos de convocatorias PALE na súa fase C de creación de contidos dos últimos anos e, sobre todo, de achegas e suxestións de docentes de toda Galicia que, mediante o procedemento aberto de cesión de materiais, fan que este repositorio medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.

Desta forma, amplíase a oferta de recursos educativos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas. Nesta nova actualización vense de incluír o primeiro contido en lingua alemá, co cal o repositorio filtra na actualidade en seis linguas: galego, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.

Os novos recursos publicados por orde alfabética son os seguintes:

 

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.

Acceder ao procedemento

Acceso aos recursos do repositorio Abalar