O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 15/11/2017

Abalar: Os centros educativos poden solicitar unha xornada escolar sobre ciberseguridade

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

O Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), a través da iniciativa Internet Segura for Kids lanza a segunda edición do programa “Xornadas escolares para un uso seguro e responsable da Rede”, co obxectivo de promover o uso seguro e responsable da internet entre os menores de idade, dirixidas ao profesorado e alumnado de educación primaria e secundaria.

As xornadas, de carácter gratuíto, terán lugar durante o curso escolar 2017/2018 en centros educativos de todas as provincias españolas. O formato desta edición é totalmente renovado cun enfoque completamente práctico para que os menores aprendan e se divirtan á vez.

Cada xornada está composta por un taller dirixido a educadores co fin de capacitarlles na impartición de unidades didácticas e dous talleres para alumnos nos que se desenvolverá unha das unidades co fin de concienciar aos alumnos sobre os riscos e promover boas prácticas.

Nesta edición, os centros escolares poderán elixir entre as temáticas “vivimos en rede”, “a túa información vale moito”, “controla a tecnoloxía”, “mira máis aló da túa pantalla” e “sabes elixir” onde se abordarán temas como o respecto aos demais na internet, o coidado da privacidade, a protección de dispositivos, a prevención de riscos en rede e como contrastar información en liña.

Todos os centros escolares interesados nesta iniciativa poden consultar a información detallada nas bases do programa na web e en caso de querer solicitar unha xornada para o seu centro deberán cumprimentar o formulario dispoñible na web antes do próximo día 27 de novembro de 2017 ás 13:00pm.

Na edición pasada organizáronse por toda a xeografía española 240 xornadas gratuítas en centros educativos de educación primaria e secundaria, nas que participaron máis de 13.000 alumnos e 4.000 educadores.

Fonte: www.incibe.es