O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 14/07/2011

Abalar: Posta en marcha do novo servizo "Aula Virtual Aberta" con todo o material formativo do Proxecto Abalar

Ábrese un espazo adicional onde se pon a disposición de toda a comunidade educativa os materiais formativos relacionados co Proxecto Abalar. 
 
Con este novo servizo, preténdese ofrecer unha aula aberta a disposición de todos os usuarios interesados no emprego das novas tecnoloxías.
Actualmente, a comunidade educativa xa pode consultar o material empregado na formación técnica dos coordinadores Abalar durante o curso 2010/2011, no que se inclúe, información sobre o Proxecto Abalar, sobre o equipamento facilitado durante a fase I do proxecto e o seu software, e as boas prácticas de seguridade en Internet. 
 
Adicionalmente, tamén está a disposición dos usuarios unha variedade de material formativo relacionado coa competencia dixital do profesorado para poñer en práctica tanto na aula como no momento da creación de materiais. En concreto, un dos cursos está orientado a coñecer os aspectos básicos para traballar con GIMP,  un   programa de software    libre que permite o tratamento das imaxes. E por outra banda, tamén está dispoñible para todos os interesados o material formativo que permite adquirir os coñecementos necesarios para poder crear presentacións multimedia co software libre Impress