O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 20/09/2013

Abalar: Procedementos para compartir recursos educativos e experiencias de aula no portal espazoAbalar

Co comezo do novo curso retómase o traballo de catalogación de contidos educativos no repositorio do espazoAbalar, que actualmente supera os 1.900 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
 
O protocolo para compartir recursos no repositorio por parte do profesorado é o seguinte:
 
As persoas que desexen ceder materiais para publicalos no repositorio de contidos deberán poñerse en contacto cos asesores encargados do departamento TIC do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) para a validación deste material a través das seguintes contas de correo electrónico:
 
No correo electrónico, deberán indicar:
- Nome, centro educativo e teléfono de contacto
- Título do traballo
- Curso e materia
- Breve descrición
- Software necesario para súa execución
- Se os traballos están visibles nalgunha páxina web, indicar o enderezo
 
Os asesores do CAFI indicarán aos interesados como enviar os contidos e aportarán a documentación necesaria para a cesión do material no caso de ser valorados positivamente para ser publicados no repositorio do espazoAbalar. No caso de que os contidos non sexan  publicados, os asesores contactarán coas persoas interesadas para indicar os motivos de esta decisión.
 
Así mesmo, dentro da sección Experiencias. Aulas 2.0 do portal espazoAbalar vai a continuar a difusión de prácticas educativas co uso das TIC. Os docentes poden colaborar cubrindo o seguinte formulario: 
Toda a comunidade educativa poderá participar nesta iniciativa, sempre que conte cunha experiencia positiva no uso das TIC nas aulas.Se fose necesario, o responsable de validar o contido da experiencia contactará co emisor da mesma para aclarar as posibles dúbidas antes de publicar a mesma no espazoAbalar.