O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 10/11/2017

Abalar: Proxecto “Escolas na Nube”, unha realidade en todos os CRAs de Galicia

6
Average: 6 (3 votes)
Your rating: Ninguno
(3 votos)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) veñen de poñer a disposición de todos os Colexios Rurais Agrupados de Galicia o Proxecto “Escolas na Nube”, que ten como obxectivo xeral o deseño e validación dun produto tecnolóxico que permita a utilización das TIC de forma efectiva para a mellora da aprendizaxe e a colaboración nos pequenos colexios rurais, baseada en soluciones de cloud computing, virtualización e software libre.

Hai que remontarse ao ano 2010, data na que se puxo en marcha este proxecto no CRA de Boqueixón-Vedra Neira Vilas, un colexio rural agrupado composto por 7 escolas no entorno de Santiago de Compostela. Os nenos que participaron teñen entre 3 e 8 anos (dende o nivel de infantil ao primeiro ciclo de primaria).

Neste sentido, “Escolas na Nube” foi un proxecto piloto do CESGA, seleccionado por HP Labs como un dos tres máis relevantes no ámbito da computación cloud e a educación a nivel mundial. O devandito proxecto contou co apoio da Xunta de Galicia, e os seus resultados foron avaliados positivamente pola administración educativa, a comunidade escolar e premiados polo certame internacional Educared 2011 como un dos 6 proxectos máis innovadores en educación infantil de entre case 4.000 propostas.

Nos últimos anos, as 22 escolas do CRA de Boqueixón-Vedra Neira Vilas, CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso, CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez e CRA Amencer de Ribadavia estábanse beneficiando deste proxecto.

Desde o curso 2017-2018, a comunidade educativa todos os CRAs da Galicia xa poden usar esta plataforma

O proxecto “Escolas na Nube”  súmase así ao conxunto de ferramentas da web 2.0 que actualmente ofrece a Consellería de Cultura e Educación e a AMTEGA á comunidade educativa dos CRAs de toda Galicia. En definitiva, trátase de unificar as novas tecnoloxías e a educación emocional, para expresar as emocións e sentimentos empregando as novas ferramentas das que se dispoñen e que están presentes na vida cotiá do alumnado.