O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 28/03/2014

Abalar: Publicación dos premios ás boas prácticas de innovación educativa 2013

Con estes premios preténdese dar publicidade a aquelas boas prácticas innovadoras que se desenvolveron nos centros educativos galegos durante o curso 2012-2013 e que supuxeron unha mellora da calidade do ensino.

Na modalidade C: uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos, os proxectos premiados foron:

  • 1º premio: Dives Gallaecia, do IES Manuel García Barros (A Estrada).

    Trátase dun traballo colaborativo sobre a romanización da Gallaecia. Unha recompilación de material audiovisual con imaxes de calidade e vídeos en HD. Un xeito de colaboración coa Galipedia e Wikimedia Commons. Un punto de encontro con outros docentes, con documentos e bancos de preguntas descargables para Aulas Virtuais da plataforma Moodle.

  • 2º premio: Aplicación dos códigos QR en contornos educativos, do IES de Sabón (Arteixo).

    Traballo colaborativo interdisciplinario sobre as aplicacións didácticas das novas ferramentas dixitais como os códigos QR, aplicadas ao Polígono de Sabón. O proxecto está enfocado ao emprego da tecnoloxía móbil, m-learning como porta de acceso á información.

 

No portal Innovación educativa poden consultarse os premios nas restantes categorías, así como unha breve descrición dos proxectos e as memorias presentadas e, proximamente, todos os recursos, que tamén serán publicados no repositorio de contidos do espazoAbalar.

 

Noraboa ao profesorado premiado.